sábado. 09.11.2024
El tiempo

José Ramón Pombo: “Imos tomando medidas o menos traumáticas posibles para o noso persoal”

Jose Ramon POmbo de Autocares J Pombo
Jose Ramón Pombo, de Autocares J. Pombo
José Ramón Pombo: “Imos tomando medidas o menos traumáticas posibles para o noso persoal”

Seguimos falando con protagonistas da crise económica que temos xa enriba derivada da crise sanitaria. Hoxe paramos en Cabana, para falar con José Ramón Pombo, de Autocares J. Pombo. Un sector que está directamente afectado polo peche dos centros de ensino así como a parálise do sector turístico.

 
  • QPC: Acostumado a facer centos de cousas ao día, como levas este parón a nivel persoal? Teletraballando ou tócache saír?

Tócame saír, e vou á oficina e ás 3 naves que temos, porque temos que encender os coches todos os días. A verdade é temos moi pouco choio pero algo hai.

 
  • QPC: Que tipo de actividade se mantén activa na empresa?

Faise o mínimo, a día de hoxe, de 30 que temos, só traballa un bus, o da Voz de Galicia. Ademais estamos nunha UTE Transporte Adaptado, que temos o concurso que lle chaman 065, para levar para persoas con problemas de mobilidade, ese aínda non se pechou. De momento a administración aínda segue pasando servizos.
Ademais, si que aproveitamos o parón para actualizarse administrativamente dende a oficina.

 Autocares J Pombo
  • QPC: Fixestes un ERTE? Cantos empleados se viron afectados?

Tivemos que facer ERTE de 7 traballadores, dos 18 traballadores habituais. En teoría a data de caducidade é cando acabe o estado de alarma, pero como dependemos do turismo e do ensino, pode ser que se amplíe o ERTE un tempo.

 
  • QPC: Como vos afecta directamente o parón escolar e turístico?

Ao estar con prazos indeterminados non sabemos nada. Estamos esperando. É certo que temos unha parte da facturación coa administración, tanto cos centros escolares como cos centros de Día..

As viaxes discrecionais, xa nada, e a nivel turístico, o bus que tiñamos traballando en Madrid para visitantes asiáticos, ou os tres que tiñamos traballando por Europa, están parados. E non vai ser nada fácil volver arrincar.

 
  • QPC: A vosa empresa tamén fai servicios aos equipos de fútbol, basket… Tedes noticias do que vai pasar?

Cero en todo. Ademais, aquí se non fas servizo non cobras. Isto non son contratos pechados por certo tempo, e non se pode negociar dalgún xeito como coa administranción. Aquí, tanto cos clubs deportivos, como coas Axencias de Turismo, cobras a final de temporada pero só polo traballo que fixeches.

 
  • QPC: Como afrontades esta situación? Como ves o futuro?

Vémola cousa complicada. Se che digo a verdade, non o sei. Pefiro esperar. Imos tomando medidas o menos traumáticas posibles para o noso persoal, pero o problema é que non se lle ve unha data de volta á normalidade. Se tiveramos unha data poderíamos ir preparando actuacións para ese día, pero así está a cousa complicada.

 
  • QPC: Pode alguna empresa do sector desaparecer por culpa deste parón?

É moi forte dicilo, pero si. Hai moitas empresas pequenas que dependen da administracións, así que todo depende de como as administracións o resolvan. Así como nós temos un porcentaxe discrecional, pero non aguanta toda esta estrutura.

 
  • QPC: En marcha había unha auténtica revolución do transporte tanto na zona de Bergantiños como no resto da comarca. Como quedou ese asunto dos novos concursos?

Todo quedou pendente dos novos pliegos de contatación. A Xunta ten que volver sacalos pois había defecto de forma, segundo denunciou a Federación de Transporte de Galicia ante o TSXG. Agora a administración ten que corrixir un dos defectos e volver presentar os “pliegos”, polo que non se sabe nada. Está todo parado.

 
  • QPC: Que me contas do BNI, ese grupo de empresari@s tan dinámico?

A primeira semana non se fixo reunión porque a xente aínda se estaban concienciando, pero estamos facendo reunións virtuais todos os mércores os 52 socios. E como houbo cambio de directiva puxéronse novos obxectivos e hai que poñerse a crear negocio e facer referencias.

Isto é unha ensinanza para todos. Hai empresas que non contaban con poder ter reunións e vender por internet, e agora están valorando facelo.

 
  • QPC: Está servindo para algo, non?

Hai que buscarlle o lado positivo. Eu son bastante “virtual”, que levamos tempo vixiando os coches cos controladores a través da rede, pero sempre se aprende algo. Agora a verdade, non se sabe a onde chegaremos. A quen lle ías contar hai uns meses que ías acabar facendo ventas por internet…

 
  • QPC: E xa como directivo do Cabana, como resolverías a problemática da competición?

A verdade é que levo sen tocar o tema do fútbol, porque teño “fregaos” abondo como para pensar no fútbol. Creo que hai xente suficiente capacitada para resolver a situación. Dende o meu punto de vista, creo que poderíamos dar a temporada perdida e volver a empezar de cero, pero entendo que os que están arriba iso non lle vale. Pero temos que mirar polo ben común.

 

Novas relacionadas

Comentarios