Domingo. 07.06.2020
El tiempo

A Costa da Morte perde 351 empregos de golpe no peor mes da serie histórica

Fonte- IGE
Fonte- IGE
A Costa da Morte perde 351 empregos de golpe no peor mes da serie histórica

Ainda que o peso do sector primario en moitos concellos axudou a amortiguar o peor do golpe ao emprego que se viviu no resto do pais, a realidade vaise impoñendo.

Carballo encabeza a perda de emprego sumando 154 novos desempregados as listas do servizo galego de colocación, seguido de Santa Comba (29), Muros (24) e Zas con 23 novos parados rexistrados. A solicitude masiva de ERTEs por parte das empresas da comarca fai que esas baixas non conten na cifra final de desempregados e isto evita que vexamos a paralise no emprego no sector do comercio, hostaleiro ou de restauración, algún dos mais golpeados polas medidas contra o Coronavirus.

Haberá que agardar aos datos de Abril para ver esa segunda onda de despidos. O panorama amósase realmente complicado para a economía da bisbarra, xa de por si feble e en precario sen necesidade dunha crise destas dimensións. Toca ser coidadosos e agardar.

A realidade de XEAL

A contabilidade realizada onte non contabiliza o ERTE de XEAL, polo abril perfílase aínda máis duro. Son case 300 os traballadores que entran das fábricas de Brens e Dumbría os que entran no ERTE presentado pola empresa, se ben matizan dende a empresa que tralas medidas de corentena preventiva para o 50% do persoal de xeito rotativa en períodos de 14 días, o ERTE afecta exclusivamente aos traballadores que permanezan nos seus domicilios por razóns preventivas en quendas de 14 días e non será de aplicación para os traballadores que estean na rotación de 14 días de actividade, xa en funcionamento desde o pasado día 13 de marzo.

160.000 persoas en Galicia

Os datos a nivel galego son moi duros:

 

ERTES

PERSOAS TRABALLADORAS

A Coruña

      11.663   

                    53.612   

Lugo

        3.650   

                    12.883   

Ourense

        3.718   

                    14.708   

Pontevedra

      10.552   

                    63.137   

Autonómico

           880   

                    15.045   

TOTAL

      30.463   

                    159.385   

A nivel galego, Consellería de Economía, Emprego e Industria ten activa unha páxina web, ceei.xunta.gal/coronavirus, con toda a información relativa ao coronavirus e ás medidas económicas aprobadas para apoiar o tecido produtivo fronte ás consecuencias do COVID-19.

Ademais, a Xunta puso en marcha unha liña de teléfono gratuíta para atender as consultas de empresas e traballadores afectados por un Erte: 900 815 600.

Novas relacionadas

comentarios