Mércores. 28.10.2020
El tiempo

O alcalde de Malpica esixe que a Xunta acepte os ERTES da frota de baixura

  • A Consellería de Economía, Industria e Comercia denega os ERTES da frota de baixura.
  • A frota pregúntase como van manter a distancia de seguridade con 10 traballadores a bordo en 20 metros de eslora; como se pode traballar no mar cos EPIs.
Unha embarcación do cerco no peirao de Malpica
Unha embarcación do cerco no peirao de Malpica
O alcalde de Malpica esixe que a Xunta acepte os ERTES da frota de baixura

Xa instou ao Patrón Maior para enviar unha carta ao Ministro. Pero o alcalde de Malpica vai máis alá. Ante a complicada situación da pesca costeira, Walter Pardo esixe tamén á Xunta que asuma resposanbilidades coa problemática da frota de baixura.

Esixe que a Consellería de Economía, Emprego e Industria recoñeza a existencia de causa de forza maior temporal, para proceder a autorizar os ERTEs solicitados. Pide ademais a mediación da Consellería do Mar para que as embarcacións malpicás que solicitaron os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego vaia adiante, pois están volvendo denegados deixando desamparados aos mariñeiros da flota malpicá.

Uns ERTES avalados por causa de forza maior, pois se ben son considerados actividade esencial, non poden cumprir coas medidas sanitarias e de seguridade e o peixe está sufrindo unha caída de prezos que nalgún caso alcanza o 75%, sobre todo a raíz do peche da hostalería.

Metro e medio de distancia? EPIs a bordo? Traslados un a un?

”Na frota de baixura en Malpica, a maioría das embarcacións teñen 9 ou máis traballadores e non superan os 20 metros de eslora, e tanto polas dimensións, como pola estrutura e distribución dos espazo nos barcos, e o tipo de traballo que se realiza é imposible na práctica manter unha distancia mínima de separación de 1,5 metros. Como tampouco é posible que non estean máis de 5 persoas en espazos comúns”, explica.

Ademais, os mariñeiros tamén están obrigados a traballar dotados de EPIs, especialmente, guantes e máscaras de cara, equipamentos na súa maioría imposibles de conseguir dado a situación de desabastecemento destes produtos, e ademais que non funcionan nas condicións húmidas dunha embarcación.

Por último, os mariñeiros da frota tamén están obrigados a cumprir coas limitacións á mobilidade decretadas no marco do estado de alerta. Tendo en conta que na maioría das ocasións, os nosos barcos, saen a pescar dun porto e desembarcan nun punto distinto da costa e as súas tripulacións igualan ou superan os 9 mariñeiros, resultan necesarios traslados que nas actuais condicións tampouco se poden realizar posto que nas furgonetas das empresas apenas podería viaxar o 50% da tripulación.
A opción de contratar servizos de transporte extra tampouco resulta viable economicamente.

Novas relacionadas

comentarios