Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Juan Carlos García, a única novidade do PP para as municipais en Bergantiños

Juan Carlos García, a única novidade do PP para as municipais en Bergantiños
Candidatos do PP de Bergantinos 2019 Candidatos do PP de Bergantiños para as municipais de 2019

Xuntábase onte o PP provincial en A Laracha para presentar aos candidatos dos concellos da comarca de Bergantiños para as eleccións municipais de 2018. Conta o PP nesta lexislatura, coas alcaldías de Cabana, Malpica e A Laracha, e buscará recuperar os outros catro concellos con poucas novidades.

O presidente provincial Diego Calvo presentou a única gran novidade, o novo candidato de Coristanco Juan Carlos García, ademais de darlle de novo protagonismo aos alcaldes Cabana, Laracha e Malpica, José Muíño, José Manuel López Varela e Eduardo Parga; e aos candidatos por Carballo, Laxe e Ponteceso, Aurelio Núñez (novo candidato para as locais pero con ampla experiencia na política), José Luís Pérez Añón e Jose Luís Fondo Aguiar.

Diego Calvo falando na presentacion dos candidatos do PP de Bergantinos para as municipais 2019Diego Calvo falando na presentacion dos candidatos do PP de Bergantinos para as municipais 2019 Diego Calvo falando na presentacion dos candidatos do PP de Bergantinos

Calvo puxo de exemplo o “bo facer” dos 3 alcaldes, como “exemplo” para recuperar o resto de alcaldías da comarca, e puxo en valor as grandes vitorias que ten o seu partido nas Autonómicas e nas Xerais. “Non podemos volver perder alcaldías por un puñado de votos como nos pasou nalgúns concellos”, subliñou Calvo.

Os xa alcaldes deron consellos aos novos candidatos, como “importante campaña porta a porta” que fai Muíño para gañar por maioría as eleccións dende o 2003; ou a defensa por encima de todo de Malpica que fai Eduardo Parga “aprendendo dos seus erros e afondando nos seus acertos”.

Así mesmo, definiu de “caduco, esgotado e sen proxecto de futuro” ao alcalde de Carballo fronte á “ilusión, a ambición e as ganas” dun Aurelio Núñez que “chega máis que aprendido a política municipal”. O propio Núñez “chega máis que aprendido e con toda a ilusión do mundo ao máis alto da política municipal” grazas ao seu labor no Parlamento galego, un feito que, segundo Calvo, servirá para terminar coa etapa dun rexedor que acode á cita electoral “obrigado polo seu partido, con ganas de marcharse e sen nada que achegar para mellorar a vida dos veciños de Carballo”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/juan-carlos-garcia-foi-presentado-com/ https://quepasanacosta.gal/varias-novidades-entre-os-candidatos-do-pp-as-alcaldias-dos-concellos-do-px-de-corcubion/ https://quepasanacosta.gal/maria-pose-a-alcaldesa-popular-sen-soldo-presentou-a-sua-nova-candidatura-a-alcaldia-de-santa-comba/

Comentarios