Máis de 30.000 visitas aos 5 edificios históricos da Costa da Morte
A Costa da Morte conságrase como un destino turístico histórico-cultural de referencia en Galicia grazas ao seu patrimonio, e segue sumando visitantes cada ano. Hoxe, a Deputación fainos balance dos visitantes que se achegaron ata os seus 5 emblemáticos edificios durante este ano, superando os 30.000 visitantes.
Neste último mes de agosto destaca a asistencia ao Ecomuseo Forno do Forte, en Malpica, que alcanzou en 31 días os 8.816 visitantes, sumando un total de 10.444 grazas ás 1.628 visitas do mes anterior.
Pola súa parte, o Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños, chegou aos 6.339. No mes de xullo visitaron o dolmen 3.174 persoas, polo que alcanza xa no que vai de verán as 9.513 (o ano pasado visitaron o monumento megalítico 8.956 persoas no mesmo período).
Imos ata o Castelo de Vimianzo e a súa Mostra de Artesanía en vivo, que tivo en agosto 5.590 visitas e outras 3.295 en xullo. No mesmo concello se atopan os Batáns de Mosquetín, que alcanzaron 846 turistas e outras 143 dende que se abriu a mediados de xullo.
Pola súa banda, as Torres do Allo, a pesar da súa tardía aperutra e polémica adxudicación, en Zas, tiveron 1.338 visitas en agosto, que sumadas ás 227 dos últimos días de xullo supera as 1565.
Máis información
- RecunchosdaCosta: Castelo de Vimianzo.
- RecunchosdaCosta: Dolmen de Dombate.
- RecunchosdaCosta: Batáns do Mosquetín.
- RecunchosdaCosta: Torres do Allo.
Novas relacionadas
- Os oleiros levantan a Mostra de Olería de Buño.
- Buño recuperará o Forno da Costa.
- A cousa de Dombate… a debate.
- A Mostra de artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo seguirá en marcha.
Fonte
- Deputación.