Máis paro en novembro na Costa da Morte
07:00 05/12/17
Novembro ten por costume ser un mes malo para o emprego na bisbarra, pero este de 2017 marca una tendencia clara frente a outros invernos en anos anteriores
Resumo da tendencia do emprego na bisbarra no periodo 2015-20
Así, o mes remata con 8.454 personas en situación de desemprego, 94 mais que hai un mes. Por concellos, Fisterra leva a palma o deixar na rua a 53 persoas mais que no mes de Outubro, poñendo fin así a unha moi longa tempada estival. Tamen aumenta o número de persoas en situación de desemprego en Mazaricos (+17), Camariñas (+13) e Muxía (+12) mentras que o paro diminue en diferente proporción nos concellos de Cee (-20), Santa Comba (-9), Ponteceso (-7) ou Carballo (-5).
Sen embargo a bisbarra mellora con respecto ao mes de Novembro de 2016 e, en termos xerais, 2017 é comparativamente mellor, con casi 750 parados menos que hai un ano. No detalle por concellos, si se observa algunha circunstancia curiosa, coma que Camariñas, Corcubión, Laxe, Muros e Vimianzo teñan aumentado a cifra de personas en situación de desemprego frente aos parados rexistrados meses municipios hai 12 meses.
Este novembro é ademais un dos mellores do último lustro, e rexistra 2136 parados menos que en 2015.