Nantón tamén terá unha nova senda peonil

Se antonte a Xunta anunciaba unha nova senda peonil para Pazos, en Ponteceso, onte a delegada da Xunta, Belén do Campo, visitaba Cabana, outro concello gobernado por populares, para dar conta dun investimento semellante. A Consellería Vivenda e Planificación de Infraestruturas construirá unha nova senda peonil na estrada autonómica AC-552 en Nantón, cuxa execución suporá un investimento que roldará os 425.000 euros. Esta actuación foi aprobada provisionalmente, hai uns días, no Consello da Xunta.
O obxecto da actuación é a execución dunha senda peonil de 1,5 quilómetros de lonxitude, na marxe dereita da AC-552, entre os puntos 49+650 e 51+150.
A outra finalidade da execución da senda, sinalou, “é a de apoiar o seu uso por parte dos usuarios da “Asociación Íntegro” para persoas con diversidade funcional, que poderán acceder con seguridade ao centro de saúde, parada de autobús, gasolineira, campo de fútbol e outros servizos”.
A Consellería someterá, este venres, 12 de setembro, este proxecto a información pública por un prazo de 1 mes. Nesta intervención é necesario a expropiación de 32 predios, cunha superficie total de 1.382,25 m2. A previsión é poder aprobar o proxecto no outono para a continuación acometer a redacción do proxecto construtivo e licitar a execución das obras cun prazo de execución das obras que é de 6 meses.