Pazos terá nova senda peonil

07:48 08/09/25
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de adxudicar, por un orzamento de 332.310 euros a execución das obras dunha senda peonil en Pazos, no concello de Ponteceso.
Con este contrato, adxudicado á empresa Cosmalca, S.L., trátase de construír un itinerario peonil de na estrada AC-419, no treito que vai desde o punto quilométrico 2+990 ata o 3+350.
Executaranse unha senda peonil pola marxe esquerda da travesía, unha zona de aparcamento, dous pasos de peóns e un reforzo da sinalización existente.
A Consellería financiará estes traballos coa achega do 70% do orzamento, e o Concello de Ponteceso aportará o investimento restante.