As Nosas Músicas encheron o auditorio cabanés

12:10 13/01/25
Cabana de Bergantiños celebrou este psado sábado 11 de xaneiro, o festival As Nosas Músicas, unha cita que reivindicou o talento musical local e congregou a numerosos asistentes no Auditorio Municipal.
O evento contou coas actuacións de oito agrupacións da zona, entre eles Jacinto Paredes e os seus Acordeóns, Manuel Souto, O Son do Castro, Grupo de Gaitas Maruxía, Os Enxebres de Cabana, Vento da Barra, Os Farrapos e Barreiro & Mato. Cada unha das intervencións foi recibida con entusiasmo polo público, que non escatimou aplausos para recoñecer o esforzo e a calidade das interpretacións.