Nova Ruta das Estrelas por Cabana con Jorge Mira

09:39 09/08/23
O Concello de Cabana acollerá este vindeiro venres, 11 de agosto, a ‘Ruta das Estrelas’, unha actividade de contemplación astronómica guiada polo físico Jorge Mira.
A actividade dará comezo ás 22:00 horas coa saída desde o centro arqueolóxico Dolmen de Dombate e as persoas asistentes realizarán un percorrido a pé, para o cal ser recomenda levar roupa de abrigo e lanterna, ata o Castro de Borneiro, onde se realizará unha observación dos distintos corpos celestes.
Desde o Concello, convidan á veciñanza a “asistir a un evento no que non soamente se promove o coñecemento dos nosos ceos nocturnos se non que tamén ofrece unha alternativa de ocio saudable”.