Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Belén está vivo en Cabana

O Belén está vivo en Cabana

A xira de Beléns Viventes que recrean escenas do nacemento do Neno Xesús polas distintas parroquias de Cabana de Bergantiños deu comezo na mañá do pasado domingo 18 de decembro nos lugares de Borneiro e Canduas. Estas recreacións relixiosas foron e serán efectuadas polo alumnado da Escola Municipal de Teatro e, nestas dúas primeiras citas, pola Coral San Martín de Canduas. As igrexas de Borneiro e Canduas xa acolleron as primeiras citas.

De feito, en Canduas, Perfecto Vázquez Lema, concelleiro de Cultura e deputado provincial, aproveitou para entregar unha placa conmemorativa á agrupación musical San Martín de Canduas polo seu labor a prol da música coral desde que foi fundada polo párroco Antonio Méndez Farto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Cultura, Educación e Normalización Lingüística do Concello de Cabana.

Comentarios