![Presentacion Camino dos Faros sen Limites no Agora-Foto-Rafa Quintans]()
Presentación Camiño dos Faros sen Límites no Ágora-Foto-Rafa Quintáns
Ata Coruña, ata o Centro Ágora, foi a Federación Provincial de ANPAS Provincial e da Costa da Morte a presentar a II Edición do Camiño dos Faros SenLímites. Unha edición organizada pola propia FEDANPA, que percorrerá o máxico Camiño dos Faros, unindo Malpica e Fisterra pola costa a través de 8 roteiros inclusivos, que comezan o 11 de marzo e rematan o 17 de xuño (sempre realizados en sábado pola tarde).
Quen mellor que os deportistas Martín Varela (Vidú) e Manuel Cantelar (
Un Paso Máis) para participar na presentación deste proxecto que fai transitable para todo o mundo unha ruta de sendeirismo. Os membros da asociación Rompendo Límites e Camiño dos Faros, tamén acompañaron á organizadora, como outras moitas entidades inclusivas da provincia, e lembraron que cada participante deberá inscribirse en cada etapa na páxina
www.fedanpas.org, no apartado CF SenLímites .
A inscrición será gratuíta, só debe colaborar no pago do seguro (non superará o valor de 1 euro / persoa) en caso de que non estea asociado a un colectivo e / ou careza dun seguro de accidentes.
![Xente no Agora para a presentacion do Camino dos Faros sen Limites-Foto-Rafa Quintans]()
Moita espectación na Coruña-Foto-Rafa Quintáns
O Tríptico
Así foi o ano pasado
[fbvideo link="https://www.facebook.com/fedanpas.provincial/videos/582825038581054/" width="800" height="500" onlyvideo="1"]
Novas relacionadas
Fonte