Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Manifesto de Laxe contra os eólicos

O Manifesto de Laxe contra os eólicos
Concentracion en Laxe contra os eolicos e o TTIP Concentracion en Laxe contra os eólicos e o TTIP O pasado sábado, unha serie de entidades xuntouse ás portas do Concello de Laxe para presentar e asinar o que chamaron o “Manifesto de Laxe”. Un documento que recolle o rexeitamento de cidadanía dos municipios de Laxe e Cabana de Bergantiños aos parques eólicos de Pena Forcada-Catasol II e Mouriños, previstos para estes municipios por parte da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Un documento que se presentará ante a Unión Europea a través da voceira de AGE no Parlamento Europeo, Lidia Senra, que tamén participou na xuntanza xunto coas entidades Asoc. ambiental e cultural Petón do Lobo; Asoc. ambiental Contramínate de Laxe: Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños; Asoc. galega Cova Crea, Asoc. amigos e amigas dos bosques “O Ouriol do Anllóns”, Asoc. de veciños de Cereo e Asoc. veciñal, cultural e deportiva “Río Lourido” de Valenza. Ademais, antes da lectura do manifesto, analizaron coa eurodeputada Lidia Senra o contido da defensa da petición conxunta que sobre do TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións entre a UE e EEUU) realizaron no ano 2015 ante o Parlamento europeo, e que será examinada na Comisión parlamentaria o vindeiro 7 de setembro en Bruxelas.

O Manifesto de Laxe

O Manifesto de Laxe promovido por varias asociacións da comarca de Bergantiños recolle a necesidade de:
  • 1.- Antes da autorización dos citados proxectos, cómpre a REVISIÓN DO PLAN SECTORIAL EÓLICO co fin de que precise máis a delimitación das áreas de aproveitamento eólico, tendo en conta CRITERIOS PAISAXÍSTICOS na planificación das mesmas (non contemplados no plan eólico actual), tal e como indica o documento das Directrices da Paisaxe de Galicia.
  • 2.- Antes da autorización dos citados proxectos, é necesario ESGOTAR OUTRAS ALTERNATIVAS máis viables como a REPONTECIACIÓN DOS PARQUES existentes máis antigos), tal e como indica o documento das Directrices da Paisaxe de Galicia.
  • 3.- Antes da autorización dos citados proxectos, é necesario respetar a vontade da cidadanía afectada polos proxectos indicados e que decide neste caso, pola prevalencia do DEREITO Á PAISAXE E Á CALIDADE PAISAXÍSTICA DAS SÚAS COSTAS e pola preservación dunha paisaxe, que constitúe a fonte dunha economía baseada no TURISMO SUSTENTABLE. Por outra banda, os parques eólicos galegos acaban anualmente coa vida de ata dous millóns de aves e morcegos anuais.

Charla en Borneiro

Charla de Ventonoso en Borneiro Charla de Ventonoso en Borneiro

Outras das entidades que están movendo fichas para informar á poboación sobre o proxecto do parque eólico Mouriños son Unions Agrarias e Ventonoso, que o pasado sábado daban unha charla informativa, ateigada de veciños, en Borneiro.

Novas relacionadas

Outras novas eólicas

 

Fonte

Comentarios