Luns. 15.08.2022
El tiempo

O paro aumenta de novo en decembro e a bisbarra pecha 2017 con 8.521 demandantes de emprego

O paro aumenta de novo en decembro e a bisbarra pecha 2017 con 8.521 demandantes de emprego
Un novo mes de aumento do desemprego na bisbarra, en contraposición aos datos a nivel estatal, que falan dunha baixada na cifra de demandantes de emprego. Datos do Paro no mes de Decembro 2017 Por concellos, a Costa da Morte ofrece un panorama diverso, con caídas significativas, como en Camariñas (-21), Muxía (-12) ou Ponteceso (-10) e aumentos tamen importantes coma os rexistrados en Coristanco (+23), Carballo (+20) ou Zas (+19). No caso da vila da comarca Soneiran, o aumento e tanto mais importante si temos en conta que xa no mes de Novembro 10 persoas se inscribiron nas listas do INEM naquel concello. Así, Zas pecha 2017 con 265 demandantes de emprego nun concello con 4.671 habitantes, segundo o último dato actualizado do Padrón municipal. De feito, un dato chama especialmente a atención tras coñecer a cifra do desemprego a fin de 2017. I é que catro concellos rematan este ano con mais parados que ao fin de 2016; Camariñas, Laxe, Mazaricos e Vimianzo. Rompen así a tendencia xeral na bisbarra, onde o descenso foi xeralizado, no global, con respecto ao número de demandantes ao fin de 2016.

comentarios