Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PP tamén presentará as vindeiras semanas aos candidatos dos concellos de Bergantiños ás municipais

O PP tamén presentará as vindeiras semanas aos candidatos dos concellos de Bergantiños ás municipais
PP de Bergantinos Reunión do PP en Bergantiños cos, de esquerda a dereita, Fondo Aguiar, Pérez Añón, Aurelio Núñez, José Muíño, Miguel Fdez, Diego Calvo, Eduardo Parga, López Varela e Evaristo Ben Como fixo nas comarcas do sur da bisbarra a semana pasada, o PP avanzaba este pasado venres que en vindeiras semanas anunciará os candidatosdos concellos do partido xudicial de Carballo para as municipais de maio de 2019. Varios nomes parecen bastante evidente, como os actuais alcaldes de Cabana (José Muíño) e Malpica (Eduardo Parga), ou os voceiros de Ponteceso (Fondo Aguiar), Laxe (Pérez Añón), Carballo (Aurelio Núñez). Unha das incógnitas máis importantes segue a ser Coristanco, trala expulsión do ex alcalde Pensado Plágaro. O presidente provincial Diego Calvo, destacou durante a reunión que o PP ten que “dar un paso adiante” en municipios como Carballo, onde se mostrou “seguro” de que “seremos capaces de volver a ilusionar á xente con equipos renovados”. Calvo quixo valorar o traballo dos rexedores de Laracha, Malpica e Cabana de Bergantiños, e mencionou a situación de “desgoberno” que viven outros municipios como Ponteceso ou Vimianzo, dous concellos “xudicializados”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-pp-anunciara-estas-vindeiras-semanas-os-candidatos-da-comarca-as-municipais-de-maio-2019/

Comentarios