Os Concellos da Costa recibirán 660.000€ do PEL para crear postos de traballo

12:47 02/04/18

Abertas as liñas para apoio a PEMES e emprendedores
O PEL-Concellos é unha das tres liñas principais de actuación que inclúe o Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. O programa contempla un investimento global de 30 millóns no período 2016-2019 para estimular a creación de 3.000 novos postos de traballo directos nos sectores público e privado, así como apoiar as iniciativas emprendedoras nacidas na provincia. Ademáis desta liña de apoio aos concellos para a xeración de emprego, a institución provincial ten activo o período de solicitudes da liña PEL-PEMES, que subvenciona a autónomos e pequenas e medianas empresas da provincia o 75% dos custes salariais da contratación de novo persoal e o a liña PEL- Emprende, que inclúe accións de fomento da iniciativa empresarial para empresas con menos de cinco anos de antigüidade, promoción dos viveiros de empresas e espazos de coworkingAsignacións do PEL-Concellos 2018
Concello | Total parados | Porcentaxe total parados concello/ total parados concellos > 20.000habitantes | Módulo | CORCUBION | 97 | 0,34830694 | 25000 | MAZARICOS | 208 | 0,74688499 | 31000 | CARNOTA | 247 | 0,88692592 | 31000 | DUMBRIA | 255 | 0,91565227 | 31000 | ZAS | 265 | 0,9515602 | 34000 | PONTECESO | 280 | 1,0054221 | 34000 | LAXE | 283 | 1,01619448 | 34000 | CABANA | 286 | 1,02696686 | 37000 | MUXIA | 301 | 1,08082876 | 37000 | MALPICA | 342 | 1,22805128 | 40000 | CAMARIÑAS | 393 | 1,41118173 | 43000 | FISTERRA | 399 | 1,43272649 | 43000 | VIMIANZO | 438 | 1,57276742 | 46000 | MUROS | 507 | 1,82053216 | 46000 | CORISTANCO | 524 | 1,88157564 | 49000 | SANTA COMBA | 543 | 1,94980071 | 49000 | CEE | 566 | 2,03238895 | 49000 |
Novas relacionadas
- Marzo 18: O paro recupérase do pau do mes de xaneiro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).