Os Cormoráns preparan unha completa xornada arredor do Peón
Trala fermosa fermosa celebración do Día do Peón en Zas, este próximo domingo, 24 de novembro, a ACD Cormoráns colle o relevo e elebra o II Baile de Peóns ao Camiño, unha xornada de xogos tradicionais que terá concursos, exposicións, música, e moito divertimento. A cita será a partir das 16:00h na Escola de Vela de Cabana de Bergantiños.
Haberá clase maxistral de habilidades coas buxainas co mestre e coleccionista Luís Miguel Ramas Ramírez, de A Coruña, e con Omar Jonathan Pule, campión internacional, de México.
Non faltará un torneo de peóns, e outros concursos, para todos os públicos.
Para participar (antes das 14:00h do propio domingo), envía a túa creación (buxainas de medo, poema xiroscópico ou buxaiconto), ao correo electrónico ou ao WhatsApp que se indican: [email protected] ou 626 62 23 97 (Trini).