Xoves. 25.04.2019
El tiempo

Os empresarios de Ponteceso, Cabana e Laxe poderán optar a mellores condicións de crédito

Os empresarios de Ponteceso, Cabana e Laxe poderán optar a mellores condicións de crédito
Xosé Lois Carballido, alcalde de Ponteceso, Juan Naya e Juanjo Merino, vicepresidente e presidente da Asociación de Empresarios de Ponteceso, Cabana e Laxe, cos membros de Abanca Dende a esquerda Xosé Lois Carballido, alcalde de Ponteceso, Rubén Naya e Juanjo Merino, vicepresidente e presidente da Asociación de Empresarios de Ponteceso, Cabana e Laxe, cos membros de Abanca

Nótase que a directiva da Asociación de Empresarios de Ponteceso, Cabana e Laxe está con gañas de facer cousas. Pronto realizarán unha forte campaña de dinamización do comercio local, pero por agora anuncian o novo acordo que veñen de asinar coa entidade ABanca.

O acordo supón unha oferta conxunta de crédito para clientes e asociados, poñendo a disposición dos comerciantes numerosas opcións de crédito para impulsar a economía local, grazas a produtos propios e convenios con diversos organismos públicos. Así, poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais, liñas de desconto comercial ou liñas de comercio exterior.
O protocolo tamén recolle unha oferta mellorada para a contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade.

Os asociados tamén poderán beneficiarse do Programa Cero Comisión do banco ou o servizo financiamento instantáneo APLAZOS.

Ademais, os socios da entidade terán máis sinxelos os acordos para beneficiarse de liñas de financiamento especial grazas ao Plan Activamos, unha iniciativa conxunta entre o banco e a Deputación da Coruña que inclúe liñas de crédito a intereses baixos para facilitar o emprendemento, os novos investimentos, a creación de emprego ou actuacións de mellora enerxética das pemes e os autónomos da provincia.

A rubrica a realizaron o presidente dos empresarios pontecesáns, Juan José Merino Bernabeu (Deindo Ideas), o vicepresidente Rubén Naya (Naya Clínica Veterinaria) e o director de zona de ABANCA en Coruña Oeste/Bergantiños, Jacobo Sánchez Fernández, en presencia do alcalde pontecesán Xosé Lois García Carballido.

Comentarios