Martes. 19.11.2019
El tiempo

Os plans provinciais permitiron que os Concellos da Costa reduxesen á súa débeda cos bancos en máis de 4 millóns de euros

Os plans provinciais permitiron que os Concellos da Costa reduxesen á súa débeda cos bancos en máis de 4 millóns de euros
Interesantes as cantidades que suman os concellos da volta en redución de débeda municipal coas entidades bancarias nos tres últimos anos (2015-2018) gracias á Deputación. O Plan de Aforro e Investimento (PAI) e o Plan Único ofreceron aos concellos a posibilidade de solicitar préstamos sen xuros e con longo prazo de carencia e devolución para amortizar a súa débeda, facendo que a débeda municipal se rebaixase en máis de 4 millóns de euros nos concellos da comarca. Uns datos que se cotexan coa análise do noso especialista en Economía Municipal Domingo Guerra, que repasana que a redución da débeda municipal na bisbarra foi de máis de 16 millóns entre  2012 e 2016. Con estas axudas, a Deputación espera que "ata 2021 os Concellos non terán que destinar un euro a xuros ou amortizacións”. O prazo de devolución seguirá sendo de 10 anos, polo que rematará en 2030 e 2031, respectivamente.
FONDOS DESTINADOS A REDUCCIÓN DE DÉBEDA NOS PLANS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA (2015-2018)
CONCELLOS PAI  2015-2016 PLAN ÚNICO 2017-2018
Cabana de Bergantiños --
Camariñas 116.019,01 83.724,51
Carballo 74.604,06
Carnota 324.646,10 156.132,77
Cee 253.148,15 43.647,38
Corcubión 36.077,51
Coristanco 570.144,36 314.358,96
Dumbría --
Fisterra 145.791,39 166.610,41
Laxe 262.339,06 252.172,09
Malpica de Bergantiños 79.475,36
Muros 213.042,22 78.943,14
Ponteceso 458.743,36 338.989,88
Santa Comba 384.035,54 228.615,47
 

Artigos relacionados

https://quepasanacosta.gal/a-debeda-bancaria-despois-de-catro-anos/ https://quepasanacosta.gal/cartos-e-mais-cartos-en-bancos-sen-rendibilidade/  

Comentarios