Luns. 29.04.2024
El tiempo

Os Títeres invadiron aos pequenos cabaneses

Os Títeres invadiron aos pequenos cabaneses

Unha proba máis de que a canteira cabanesa de actores está asegurada. A escola infantil A Casa dos Títeres de Sinde acolleu o pasado 13 de novembro o acto de clausura dos obradoiros Contos e Títeres para a Coeducación que se viñan desenvolvendo na Casa da Cultura desde o pasado 15 de outubro.

A estes obradoiros acudiron nenos e nenas das parroquias de Cesullas, Canduas e Borneiro baixo a monitorizacion de Marta Sanz Lorenzo, monitora da empresa Senes Cit.

O elenco de actores e actrices estivo conformado por Thais García Blanco, Yeray García Blanco, Natalie Antelo Santos, María del Carmen Varela Martínez, Manuel Lema Rivera, Lucía Romero Suárez, Lara Varela Rivera, Andrea Pastoriza Lema, Inés Eiroa Pose, Noa Eiroa Pose, Noé Eiroa Méndez, Brais Fontenla Lema, Noé Souto Pose, Hanny Zhyanhai Sousa Méndez, Guillermo Pastoriza Pose, Iria Rellán Cundíns, Enrique Ferreiro Fuentes, Roi Alborja Canto e Alexánder Costa Costa.

Esta actividade foi financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Concellería da Presidencia da Xunta de Galicia dentro do proxecto o “Fondo Social Europeo inviste no teu futuro”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cabana.

Comentarios