Martes. 14.05.2024
El tiempo

A canteira cabanesa de actores está asegurada

A canteira cabanesa de actores está asegurada

A canteira bergantiñá está asegurada. Así o demostraron os grupos de pequenos actores cabaneses, que saíron triunfadores da edición 2011 do Certame de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís.
Por segundo ano, o alumnado da Escola Municipal de Teatro de Cabana de Bergantiños volveu a triunfar no certame carballés entre un conxunto de 32 grupos e máis de 200 actores e actrices participantes.

>O grupo de maiores cabaneses acadou o primeiro premio coa obra A verdadeira historia de Carapuchiña vermella, o cal lles serviu para repartirse entre todos 285,00 euros do galardón. O elenco de actores está conformado por Iago Espasandín, Uxía Pérez, Eloy Mato, Sergio Caamaño, Yolanda Rama e Pablo Romar. Este grupo xa quedara finalista o ano pasado.

O grupo dos pequenos, que gañara na pasada edición, este ano quedou finalista, co cal se embolsou uns 75,00 euros para os seis actores. Estes eran Eloy Mato, Rubén Reigía, Laura García Eiroa, Ainhara Rodríguez, Tania Amado e Cristina Álvarez. A obra coa que concursaron foi O xuíz dos divorcios.

Recepción

Os artistas foron recibidos esta semana polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño Domínguez, no seu despacho. A recepción oficial consistiu na sinatura, por parte da totalidade de actores e a súa profesora, Silvia Losada Crende, no libro de honra do Concello. Ademais, estes alumnos da Escola Municipal de Teatro foron agasallados co libro O misterio das badaladas do escritor coruñés Xabier P. Docampo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cabana.

Comentarios