Os usuarios de Íntegro volven lanzarse á piscina


Mellorar a súa coordinación, equilibrio e autonomía persoal son os obxectivos principais da acción de piscina terapéutica que cada ano abre a Asociación Íntegro para os seus usuaruos. Dende hai 8 anos, de outubro a maio, dez usuarios/as acoden semanalmente á piscina municipal de Cabana no marco do programa de saúde e benestar do departamento de Fisioterapia, que utiliza o medio acuático cun fin correctivo e preventivo.
Ademais dos innumerables beneficios físicos, estas sesións repercuten positivamente na adquisición dunha maior independencia, auto-confianza e capacidade de socialización. As sesións, dunha hora de duración, lévanse a cabo unha vez á semana, xeralmente os venres.
A entidade espera que os usuarios gocen así dunha experiencia tan saudable como divertida. ”E quen sabe se este pode ser o comezo dunha longa e prometedora carreira deportiva!!”
Novas relacionadas
- Íntegro centra a acción na inserción sociolaboral co curso de Competencias Clave. https://quepasanacosta.gal/usuarios-de-integro-e-adisbismur-gozaron-dunha-festa-do-baloncesto-inclusivo/>Usuarios de Íntegro e Adisbismur gozaron dunha festa do baloncesto inclusivo.