Martes. 10.09.2024
El tiempo

Poucas sorpresas de última hora e moitas caras novas nos plenos de investidura da Costa da Morte

Poucas sorpresas de última hora e moitas caras novas nos plenos de investidura da Costa da Morte
Pincha enriba do mapa para ver os resultados concello a concello. Na maior parte dos concellos, o panorama político seguirá máis ou menos como ata o de agora debido a que os rexidores seguen sendo os mesmos que nos últimos catro anos. Nembargantes hai moitas caras novas nas xuntas de goberno locais e outros históricos que volven á política, como é o caso de Xan García Pouso. Pero noutros concellos, houbo sorpresas, como foi o caso de Muros onde María Xosé Alfoso, de Compromiso por Galicia, se mostrou sorprendida ante a súa nova condición de alcaldesa. Que por certo, é a única muller que ocupa ese posto na comarca. As cores políticas seguen sendo os mesmos en dez dos concellos da comarca, grazas ás maiorías absolutas obtidas nas urnas, mentras que en Cee e en Corcubión haberá ambos gobernos en minoría. No resto dos municipios foron precisos os apoios para nomear os actuais alcaldes. A continuación, facemos un repaso concello por concello: CABANA José Muíño revalida a súa condición de alcalde no que será a súa cuarta lexilatura. Conta coa maioría absoluta, polo que o goberno local estará formado por 7 concelleiros do PP, 3 do PsdeG e un do BNG. A novidade é que o naciolista Meli Souto se sentará como edil. CAMARIÑAS Poucos cambios no pleno camariñán, no que Manuel Valeriano Alonso, Pichurri, será levando o bastón de mando coa maioría absoluta que lle dan os seus 7 concelleiros. Cinco edís do PP e un do BNG axudan a formar a xunta de goberno local. CARBALLO Evencio Ferrero foi investido alcalde de Carballo nun pleno multitudinario. Ésta será a súa cuarta lexislatura, ainda que por primeira vez gobernará con maioría abosluta. Desta forma, o pleno carballés estára formado por 11 edís do BNG, 5 do PP, 3 de Terra Galega e 2 do PSdeG. CARNOTA Unha maioría absoluta dálle a alcaldía a Moncho Noceda, do BNG, que formará goberno con 6 concelleiros. O PP queda con 3 edís mentras que o PSdeG terá dous representantes no pleno carnotán. Dentro dos nacionalistas son novidade Belén Campos, Jorge Fiuza, Marupe Armendáriz e Iago Maceiras, mentras que Iván Franco repite como concelleiro. Unha gran cantidade de veciños estiveron presentes no pelno de investidura. CEE O independiente Ramón Vigo recupera o seu posto como alcalde de Cee gobernando en minoría. Desta forma, a xunta de goberno local está formada por 5 concelleiros de IxCee, 4 do PP, 2 do PSdeG e un de Ciudadanos. Tras o acto de investidura foron moitos os que deixaron unha mensaxe de felicitación no perfil de Facebook do novo alcalde de Cee. CORCUBIÓN Lalo Insua, do PSOE, estará ao frente do Concello de Corcubión onde conta unicamente co apoio dos seus tres concelleiros. O BNG tamén ten unha representación de tres edís, mentras que o PP contará con 2 concelleiros no pleno. A novidade é a entrada de Paco Rojo, á fronte do PACOR, no equipo de goberno local. CORISTANCO O Concello de Coristanco cambia de cor durante a próxima lexislatura despois de que o PP perdese a súa maioría absoluta. Amancio Lavandeira, de Terra Galega, é novo rexidor coristanqués grazas ao apoio de Laura Mariño, do BNG, e de Abrahan Gerpe, do PSOE. DUMBRÍA Sen sorpresas no pleno de investidura de Dumbría. José Manuel Pequeño renova a súa condición de alcalde con maioría absoluta con 10 concelleiros do PSdeG e 1 do PP. Agora só queda saber se o PSdeG escoitará as súas peticións para poder optar ao posto de presidente da Deputación da Coruña. FISTERRA O socialista José Marcote tomou esta mañá posesión como alcalde grazas ao apoio de Xan Carlos Sar, do BNG, que actuará en condición de tenente de alcalde.Outra das novas destacadas de Fisterra é o regreso do histórico Xan García Pouso, representando a Converxencia Galega. LAXE Laxe cambia de alcalde, ainda que non de cor, despois de que o BNG lle dese o seu apoio a José Manuel Mouzo Castiñeira, do Psoe, para gobernar durante os próximo catro anos. O PP, que foi o partido máis votado, terá unha representación na xunta de goberno local de 5 concelleiros. MALPICA Poucos cambios no concello malpicán. Eduardo Parga, do Partido Popular, renova a súa condición de alcalde cunha maioría absoluta sumando un total de 7 concelleiros. Durante o acto de investidura, Parga tivo palabras de agradecemento para todos os veciños de Malpica e para os compañeiros do grupo municipal. O xa alcalde instou aos representantes de todos os partidos a responder á confianza depositada polos veciños e veciñas nas urnas "intentando sempre buscar o camiño que nos perimita seguir avanzando cara esa Malpica viva, atractiva e xeradora de riqueza que todo e todas queremos". MAZARICOS A maioría absoluta acadada nas urnas, Juan José Blanco do BNG é xa o novo alcalde de Mazaricos despois dos vinte anos de mandato do popular José Manuel Santos Maneiro. MUROS A gran sorpresa dos plenos de investidura nos concellos da bisbarra foi a toma de posesión de María Xosé Alfonso, de Compromiso por Galicia, como alcaldesa de Muros. Para iso, contou co apoio do PSdeG. CxG foi a terceira forza máis votada nos pasados comicios do 24 de maio onde acadou os votos suficientes para ter unha representación de 3 edís. No seu mandato contará co apoio dos catro concelleiros socialistas; mentras que o PP terá unha representación de catro edís. O pasado xoves, CxG dou a coñecer as súas condicións para forma pacto co PSdeG. MUXÍA Félix Porto, do PSOE, renova a súa condición de alcalde de Muxía grazas ao apoio dos seus nove concelleiros. O PP terá unha representación no goberno local de tres edís mentras que o BNG terá un. PONTECESO Lois Carballido, do PSdeG, converteuse esta mañá o novo alcalde de Ponteceso despois de vintedous anos de mandato popular da man de José Luis Fondo Aguiar. O socialista contou co apoio de APIN-SON e BNG. SANTA COMBA O socialista José Antonio Ucha Velo é o novo alcalde de Santa Comba grazas ao apoio que lle depositaron os tres concellerios de TEGA durante o pleno de investidura. VIMIANZO Despois de catro anos dun goberno convulso, o nacionalista Manuel Antelo renovou hoxe o seu mandato como alcalde de Vimianzo. Nesta ocasión saiu reforzado grazas á maioría absoluta que lle otorga unha representación de 8 concelleiros. IxVimianzo queda con 2 edís mentras que PP, PSdeG e TEGA contan cun único concelleiro cada un. Unha das novidades do pleno de investidura foi o lugar de celebración. Con motivo da grande afluencia de público que tiña previsto asistir (e que, de feito, asistiu) o evento tivo lugar na Casa da Cultura da vila. ZAS Algo similar aconteceu en Zas, onde Lolo Muíño (BNG) repite a súa condición de alcalde grazas á maioría absoluta.

Resultados das Eleccións Municipais #24M Concello a Concello

Todas as Listas #24M Concello a Concello

Comentarios