Rescatan un ferido tras ser arrollado polo seu quad nos montes de Corcoesto
16:37 24/04/22
A pasada tarde de sábado, un home caía do seu quad e era arrollado polo mesmo cando baixaba unha forte pendente forestal nos montes de Corcoesto, preto da capela de Santa Margarida. Caía nunha zona de difícil acceso polo que o operativo de rescate foi complicado.
Bombeiros do GES de Ponteceso, Garda Civil, Bombeiros de Carballo, os técnicos da ambulancia de SVB de Ponteceso acodiron ao lugar. A persoa estaba consciente pero doíase das costas e das costelas.
Unha vez no punto o helicóptero, foi examinado e estabilizado polos sanitarios e despois colocámolo na padiola de rescate para poder portealo monte abaixo ata o helicóptero, no que foi trasladado ao CHUS.