Venres. 19.04.2024
El tiempo

Rogelio Antelo: "Non esperaba que as persoas fosen tan solidarias"

Rogelio Antelo: "Non esperaba que as persoas fosen tan solidarias"

Moitísima xente ten chamado estes días a Rogelio Antelo para ofrecerlle axuda, despois de que o seu vídeo chegase a máis de 22.000 persoas a través das redes sociais. Un vídeo no que denuncia a falta de compromiso do seu seguro, tras ter declarada a invalidez permanente unha vez diagnosticado cunha das enfermidades máis misteriosas da nosa comarca. Rogelio Antelo é un dos poucos afectados pola enfermidade Ataxia Costa da Morte, unha enfermidade dexenerativa que lle está cambiando a vida. De traballar 365 días ao ano cunha vida do típico traballador (hípertraballador) autónomo perfectamente normal, a estar de eternas vacacións.

Hoxe queremos falar polo miúdo con Rogelio, da súa vida, da súa enfermidade e da problemática co seu seguro.

 

A Ataxia Costa da Morte

 

A problemática do seguro

Rogelio Antelo vestido de cobrador do Frac Rogelio Antelo disfrazado para o Entroido ceés de cobrador do Frac estes días pola zona denunciando o seu caso

O caso de Rogelio saltou á actualidade pública a raíz dun vídeo que se fixo viral nas redes sociais no que denuncia a falta de compromiso do seu Seguro tras ter diagnosticada a enfermidade, a pesar de ter un lema tan claro como "Asegura el futuro y el bienestar de tu familia".
O axente costeiro implicado asegura que "Rogelio ten todo o meu apoio para denunciar á compañía, é a única saída que ten", pero Rogelio non ten tanta confianza, e mesmo se ten disfrazado estes días de cobrador do Frac para amplificar a súa denuncia, pedindo o que considera seu.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios