Venres. 29.03.2024
El tiempo

“Se non temos xente nova, quen vai cotizar para que os maiores poidan cobrar as pensións?”

“Se non temos xente nova, quen vai cotizar para que os maiores poidan cobrar as pensións?”
loli-toja A deputada laxeira Loli Toja A semana pasada o PSOE facía en Carballo unha radiografía demográfica da Costa da Morte analizando a gran problemática das pensións en España. Unha circunstancia que está sacando á rúa a milleiros de pensionistas, e que leva apagando a esperanza no estado de benestar de varias xeracións. Unha das protagonistas na mesa de debate era a deputada socialisa Loli Toja. A laxeira considera que “a problemática da caída poboacional en Galicia é verdadeiramente para botarse ás mans á cabeza, políticas concretas aparte”.”Galicia ten un enorme problema demográfico, todos vemos casas e casas baleiras e que cada vez hai menos xente nova, pero ver os datos é arrepiante”, recoñece. Analizando a situación do sistema, explica que “o noso sistema de pensións non é de capitalización, está baseado en ingresos e gastos, os ingresos obtéñense das cotizacións os gastos das pensións... Pero se non temos xente nova, quen vai cotizar para que os maiores poidan cobrar as pensións?”, pregúntase sen agochar preocupación.

Cifras de caída de poboación

Táboa da Caída de Poboación na Costa da Morte 2009-2017-Fonte-Loli Toja Táboa da Caída de Poboación na Costa da Morte 2009-2017-Fonte-Loli Toja Toja preparou estas táboas, que si, meten medo. Nos últimos 9 anos, por exemplo a comarca de Bergantiños perde. “Se analizamos o datos en termos brutos perdemos 3.000 persoas, un 4%, pero si baixamos ao detalle, vemos que perdemos a metade dos menores de 44 anos, especialmente xente entre 20 e 29 anos, pola contra temos gañado un 10% de maiores de 65 anos”, valora. As cifras xerais das comarcas de Bergantiños, Soneira, Fisterra e Muros deixan unha caída bruta de 9.000 persoas, un 7%, pero en termos concretos supón unha cañida do 21% entre os menores de 29 anos. Pola contra, a poboación maior de 65 anos aumentou un 9%.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-psoe-retratou-en-carballo-a-realidade-das-pensions/ https://quepasanacosta.gal/os-pensionistas-volven-a-rua-2/

Novas relacionadas coa caída poboación

Fonte

Comentarios