Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Senda Nova descubre a ruta das mámoas de Cabana

Senda Nova descubre a ruta das mámoas de Cabana
senda-nova-torre-penela Uns 40 camiñantes percorreron os lugares máis emblemáticos do municipio de Cabana de Bergantiños Seguindo os pasos de Evaristo Domínguez Rial, unhas 40 persoas percorreron este domingo a ruta das Mámoas que discorre por terras de Cabana de Bergantiños. Ésta é a cuarta saída do programa Primavera en Ruta posto en marcha pola asociación ambiental Senda Nova e que xa vai pola súa oitava edición. Entre as treboadas e as raiolas de sol, os camiñantes visitaron o Castro de Anido, o pazo de Casanova, a igrexa parroquial de Nantón. Dende alí, o grupo dirixiuse aos muíños do Avelán, na parroquia de Riobó. pozo-dhorca-cabana Evaristo Domínguez Rial foi o encargado de guiar aos camiñantes que participaron no 4º roteiro do programa Primavera en Ruta O castro de Folgoso e a capela de San Brais puxeron o punto de partida a un tramo presidido polo pozo d´Horca. O roteiro remato en Baneira despois de pasar pola Torre da Penela, unha das torres defensivas medievias da bisbarra. Próximo roteiro O vindeiro domingo, 7 de maio, Senda Nova percorrerá as Terras Altas de Soneira ao seu paso polo municipio de Zas. Será un roteiro duns 19 quilómetros de distancia e que consta de dúas variantes, sendo unha delas apta para cadeiras de rodas. Os interesados en participar poden anotarse antes do venres no Espazo da Natureza de Oza, na base de Protección Civil de Carballo, no departamento de Cultura e Deportes do concello de A Laracha e nos centros socioculturais de Zas e Baio.  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios