Sufocado a tempo un incendio nunha granxa de coellos de Cabana

14:34 20/04/20
Esta mañá tivo lugar un incendio nunha granxa de coellos en Frinle, Cabana. Pronto acodían os membros do GES, acompañados de Protección Civil, a Policía Local e o 061. O incendio foi controlado a tempo e non houbo máis que danos materiais, unha vez que o lume só afectou a un almacén na pranta baixa da nave, non afectando aos animais.
Segundo fontes cercanas puido ser un cortocircuito o causante do lume.