venres. 08.11.2024
El tiempo

Tarde tráxica: Un falecido na praia do Ézaro e aparece un cadáver no mar de Fisterra

Tarde tráxica: Un falecido na praia do Ézaro e aparece un cadáver no mar de Fisterra

Tarde de verán accidentada na Costa da Morte. Fisterra e o Ézaro viviron episodios tráxicos. Ademais, Cabana tamén vivíu momentos tensos, pero a cousa quedou en susto.

Un falecido na auga do Ézaro

Eran as primeiras horas da tarde, arredor das 17:30h, cando varios bañistas quedaban atónitos ao ver como unha persoa quedaba, de socato, boca abaixo na auga. Tras un gran día de calor, este membro dunha excursión provinte de Conxo, en Santiago, duns 45 anos e segundo as primeiras pesquisas natural de Brens, Cee, lanzábase a pegarse un baño, pero de súpeto deixou de nadar e quedou paralizado sobre a auga.

Un bañista do arredor acodíu rápido ao seu auxilio, achegouno a area pero malia os intentos por reanimalo, faleceu. Non se sabe se puido ser un golpe de calor, ou un corte de dixestión, pero a morte parece ser que foi inmediata.

Garda Civil, Ambulancia de Urxencias Médicas, o helicópteron medicalizado, chegaron á zona, pero foi imposible, e a estas xa está o xuíz para proceder co levantamento do cadáver.

Aparece un corpo en Fisterra

Un coche funebre esperando no peirao de Corcubion-Foto-Pablo Damonte Zona de Fisterra onde apareciu o corpo

E paralelamente unha embarcación de Salvamento Marítimo, a auxiliar Sebastián do Campo, rescatou esta tarde o corpo sen vida dun home que flotaba no mar fronte ao cabo de Fisterra.
O corpo foi trasladado, posteriormente, ao porto de Corcubión, onde unha patrulla da Garda Civil agardaba. Un mariscador da zona informou do achado ao 112 Galicia ao fío das 15:30 horas desta tarde e, de seguido, alertouse a Salvamento Marítimo, que puxo en marcha o operativo de rescate. Ademais, interviu Protección Civil de Fisterra e foi informado o Servizo de Gardacostas de Galicia.

Polo momento, están a traballar na identificación do cadáver. Parece ser o peregrino desaparecido a comezos de mes en Fisterra.

Evacuada unha persoa tras caerlle unha árbore enriba en Cabana

Unha persoa foi trasladada en ambulancia polos servizos sanitarios de urxencia tras resultar ferida ao caerlle unha árbore enriba na parroquia de Cesullas, Cabana. Debido a que o ferido, unha vez liberado, atopábase nunha zona de difícil acceso, requiriuse a presenza de medios de rescate. Ata o lugar acudiron, alertados polo 112 Galicia, os efectivos de Protección Civil de Cabana e o GES de Ponteceso. Ademais, foron informados os axentes da Garda Civil e da Policía Local. O suceso tivo lugar pasados uns minutos das 18:30 horas desta tarde.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios