Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Torre da Penela, Borneiro e Dombate protagonistas do Outono de Patrimonio cabanés

cabana-outonodopatrimonio-2019
A Torre da Penela, Borneiro e Dombate protagonistas do Outono de Patrimonio cabanés

Estes meses de outubro, novembro e decembro haberá moitas actividades arredor do patrimonio cabanés. Por un lado o programa trata de poñer en valor os oficios tradicionais, e por outro haberá accións arredor dos recuperados Dolmen de Dombate e Castro Borneiro, ademais da esquecida Torre da Penela.

Mestres de artes e oficios tradicionais

Cabana falará de carpintaría o 11 de outubro, en Neaño, de 16.00 a 20.00 horas.
Sobre o mundo textil o 19 de outubro, tamén en Neaño de 16.00 a 20.00 horas.
E sobre a cerámica, será o 26 de outbro á mesma hora.

Haberá cita coa solidariedade o 17 de outubro, cunha Palestra arredor da loita contra o cancro a cargo da xunta cabanesa da AECC; e o 19 de outubro cunha Andaina solidaria contra o cancro pola Senda do Anllóns, dende a Praza do Pendón.

Ademais, o domingo 20 de outubro faráse un Paseo pola historia de Corcoesto, da man da Asociación A Lareira, con saída ás 17.00 horas do local social de Cure.

Espazos singulares

O 9 de novembro, Centro Arqueolóxico do dolmen de Dombate, acollerá a partir das 16.00 horas unhas exhibicións de arqueoloxía experimental e talleres didácticos sobre a prehistoria que correrán a cargo de Galipat. De seguido, ás 18.00 horas, haberá unha charla sobre as escavacións arqueolóxicas en Dombate con José María Bello Diéguez.

Pola súa parte, o castro de Borneiro, acollerá unha xornada semellante o 16 de novembro, cunha visita ás 16:00h e unha visita virtual, dende o dolmen de dombate, ao castro con Tictura, contidos dixitais, educativos e culturais, coa arqueóloga Ana Romero Masiá.

Así mesmo, o 23 de novembro, 16.00 horas, haberá unha visita á Torre da Penela e á igrexa parroquial de Riobó. Guiada por Xan Fernández Carrera.

O 30 de novembro haberá unha excursión guiada Parroquia de Borneiro, museo ao aire libre, co arqueólogo e escritor Felipe Senén López Gómez, seguida da presentación, no recinto do Dolmen, do libro Antoloxía de Dombate acompañados por algúns autores..

Xa en Decembro, a fin de semana do 6, 7 e 8 de decembro celebrarase unha exposición Saberes de Cabana, centrada os oficios tradicionais, no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate.

Tamén o 14 de decembro, o Centro Arqueolóxico acollerá ás 16.00 horas, un concerto de Milladoiro, o párroco Saturnino Cuíñas e o Cancioneiro de Borneiro.

E o 21 de decembro, ás 16.00 horas, será Manuel Vilar o que nos fale sobre as romarías e santuarios de Cabana.

Novas relacionadas

Comentarios