Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Tradición, xantares e ríos de viño en San Fins

Tradición, xantares e ríos de viño en San Fins
Onte luns comezaba a Romaría de San Fins do Castro na parroquia de Cesullas, en Cabana. Trátase dunha Festa Galega de Interese Turístico dende o ano 2008 e un dos eventos máis tradicionais dos que se celebran na Costa da Morte. Xa dende o mediodía o viño servía como munición nesa guerra entre os máis novos tentando empapar co líquido tinto aos demáis. Tamén nese intre xa había varias ducias de familias acomodadas nas mesas de madeira que reservaran para a ocasión na carballeira, unhas xuntanzas nas que non falla dende o abó ata os curmáns de máis lonxe. Pero como non todo é festa e comida, temos que facernos eco tamén do Berro Seco, dirixido polo párroco de Cesullas antes da celebración dos bailes de misa na xornada de onte. O seguimento, como acontece relixiosamente cada ano, foi espectacular. Logo de cumprir coa tradición oficial, o recinto convertiuse nunha gran festa de xantares, merendas e chuvias de viño. Os máis pequenos tamén puideron desfrutar con inchables e atraccións diversas. O balance di que notáronse as datas do calendario de cara á celebración do San Fins deste ano, i é que ao desenvolverse durante as xornadas de luns e martes, a afluencia de xente está a ser menor que se sucedera na fin de semana. Amosámosvos agora unha galería fotográfica. Hoxe máis festa Este martes pechan as celebracións de San Fins do Castro coas actuacións do grupo D’Moda e outra orquestra por concretar.

Máis información festeira

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios