![DSCF0851]()
Na mañá de onte eran presentadas na Casa do Concello de Cee as
Festas da Virxe da Xunqueira para este ano 2011. Os festexos desenvolveranse entre o 12 e o 16 de agosto, e será
unha comisión de festas formada por Concello e veciños a que se encargue da organización. Dita comisión formouse como unha esixencia necesaria por mor das implicacións do rexedor na Operación Orquesta.
Programa
As festas da Xunqueira comezarán o día 12 co pregón a cargo do locutor da Radio Galega
Luis Rial. O día 13 será unha xornada para adicala aos máis pequenos, con inchables e festa da escuma. Tamén haberá un desfile de cabezudos. Pola noite actuarán os
Brothers in Band, que farán un tributo aos Dire Straits.
O día 14 actuarán a orquestra Superstar e
María do Ceo. O 15 farán o propio a Banda de Música da Escola Municipal de Cee con concertos e pasarrúas. Porán máis música as
orquestras Compostela e América. Ademáis, a noite do día 15 haberá sesión de fogos de artificio.
Xa por último, o día 16 tocarán a charanga NBA e a banda de música Unión Musical Ponteledesma. Actuará a
orquestra Solara e tamén haberá unha gala musical para poñer o punto final ás festas, na que actuarán
Lolita e La Guardia. Tamén contarán nesa noite cun musical dos anos 80 e coa actuación dun grupo de pop galego.
O Concello de Cee aporta aos festexos 42.000 euros. Os membros da comisión aseguraron que o custe redúcese en 50.000 euros con respecto ao ano 2010.
Novas relacionadas
Fonte