Un peón faleceu en Cabana despois de ser atropelado por un turismo
10:14 13/04/15
Os servizos sanitarios de urxencia confirmaron a pasada tarde do domingo o falecemento dun peón que transitaba pola estrada que une Cabana de Bergantiños coa parroquia de Cesullas e foi alcanzado por un turismo. O helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela se desprazou ata o lugar do accidente, sen embargo, nada se puido facer por salvarlle a vida. Un particular que presenciou o accidente chamou ao CAE 112 Galicia ás 14:20 horas de hoxe para pedir axuda.
A partir de aí, o persoal do 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que participaron, ademais, Garda Civil de Tráfico, GES de Ponteceso e Protección Civil de Cabana de Bergantiños.
Novas relacionadas
- 08-03.15: Un accidente en Santa Comba sáldase cunha muller falecida e o condutor detido.
- 26-02-15: Unha persoa resulta ferida tras unha colisión frontal en Vimianzo.
- Os límites de velocidade baixarán na maioría das estradas da Costa da Morte ao longo do primeiro trimestre do ano.
- Case un accidente ao día nas estradas da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).