Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un verquido de gasoil ameaza o estuario do Anllóns

Un verquido de gasoil ameaza o estuario do Anllóns

Un verquido de gasoil ameaza o espectáculo do estuario do Anllóns. O verquido, provinte da caldeira do CEIP As Revoltas, afectou fortemente á praia do Pendón, no centro de Cabana de Bergantiños. Produciuse durante a tarde de onte, domingo 1 de xullo de 2012.

Ata o lugar xa se desprazaron subdirector do servizo de Gardacostas da Consellería do Medio Rural e do Mar, Lino Sexto, xunto con outros gardacostas, un técnico do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, Intecmar, e técnicos de Augas de Galicia .

Ao parecer, e segundo informan dende a propia Xunta, "o vertido está controlado e non reviste gravidade e arestora os gardacostas están realizando labores de vixilancia dende unha embarcación auxiliar da Paio Gómez Chariño e traballos de contención". Ademais colocaron uns panos absorbentes nun regato situado a carón do foco de orixe do vertido para a súa contención. A maiores, un técnico do Intecmar desprazarase ao longo da mañá á zona para realizar mostraxes e comprobar a afectación do vertido no marisco.

Novo verquido no río Anllóns

E non é a primeira vez que o Anllóns sofre deste xeito. O mes de xullo do ano pasado a propia depuradora de Laracha, realizara un vertido no río que acabara coa vida de milleiros de peixe.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios