Martes. 15.10.2019
El tiempo

Unha cabanesa, coa diáspora literaria galega, na 70ª Feira do Libro de Frankfurt

Unha cabanesa, coa diáspora literaria galega, na 70ª Feira do Libro de Frankfurt
A Alejandra Praza na Feira do Libro de Frankfurt A cabanesa Alejandra Praza na Feira do Libro de Frankfurt

Ata Frankfurt desprazouse boa parte da diáspora literaria galega, para participar na cita máis importante do mundo para o negocio de contido impreso e dixital. A 70 Feira do Libro de Frankfurt, celebrada do 10 ao 14 de outubro é todo un evento social e cultural excepcional, convertindo á vila alemana no centro da industria editorial global.

Así o comprobou a Alejandra Plaza, cabanesa aficanda precisamente na capital de Hessen, que levou o seu libro “Si fuese fácil, lo haría otro”, da editorial Círculo Vermello. Plaza compartiu protagonismo con Lito Vila Baleato, santiagués residente na cidade alemá de Paderborn, que presentou tamén o seu novo libro “Campus Morte” da editorial Galaxia.

Ambos sumerxíronse nun mar de publicacións, onde había 7503 expositores dos 109 países participantes. Xeorxia, unha nación cunha cultura das máis antigas do mundo, foi o país invitado e presentouse cos 33 caracteres do seu alfabeto único e cunha literatura multifacética. O país invitado para o ano 2021 será España. Unha petición proposta ás editoriais galegas foi a achega dalgunha das obras de Álvaro Cunqueiro ao alemán.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-escritora-cabanesa-alejandra-plaza-promociona-a-terra-no-museumuferfest-de-frankfurt/

Comentarios