Luns. 29.04.2024
El tiempo

De viaxe á idade castrexa no Castro Animado de Borneiro

Castro de Borneiro 2
De viaxe á idade castrexa no Castro Animado de Borneiro

O castro A Cidá de Borneiro acollerá o sábado 15 de xullo unha nova edición do Castro Animado, un dos eventos máis sinalados no estío cabanés co que as persoas asistentes poderán regresar á idade castrexa.
 
A xornada, incluída na programación cultural do Concello de Cabana de Bertgantiños, dará comezo ás 18.00 horas da tarde e contará con propostas como as tradicionais recreacións castrexas na croa do castro, unha espectacular tirolesa, degustación de produtos típicos da gastronomía cabanesa, xeados, bebidas castrexas, artesanía, cerámica, xogos tradicionais e moitas máis actividades.
 
O achegamento á cultura castrexa virá dado da man da recreación histórica a cargo do Clan de Breogán, e coas visitas animadas co castrexo borneiro Yago Espasandín. O compoñente máis lúdico chegará coa animación musical a cargo da banda de gaitas O Son do Castro, e polo espectáculo de danza e circo, "Gampling", de S.U.M.A.
 
Pola noite, a partir das 21.00 horas, celebrarase unha verbena e foliada musical con diversos grupos, e para repoñer forzas haberá queimada, co seu respectivo conxuro, e degustación de churrasco entre outras elaboracións culinarias.

Castro Animado 2023-Borneiro-Cabanajpg

Comentarios