Martes. 08.10.2024
El tiempo

As visitas a Dombate tamén ratifican un verán positivo a nivel turístico

Arqueociclismo en Borneiro
Un domingo de Arqueociclismo de Dombate a Borneiro
As visitas a Dombate tamén ratifican un verán positivo a nivel turístico

Onte facíamos valoración das visitas ao Faro Vilán. E hoxe podemos ratificar que as cifras non son nada malas, a pesar de todo, analizando en clave interanual os datos de visitantes ao Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate.

Boa parte da culpa seguro que a ten o completísimo programa cultural artellado pola Deputación e o Concello, porque segundo os datos facilitados polo Servizo de Vixiancia e os guías de Dombate, este xullo post-pandemia está recibindo un 15% que o ano pasado. Foron 4477 as persoas que visitaron ou que participaron nalgunha actividade durante o mes de xullo (5532 dende que reabriu a última semana de maio), polas 3818 do 2019. Unhas cifras que nos sitúan como un verán normal, se temos en conta os datos de 2017 e 2018, onde a catedral do megalitismo galego recibiu 4781 e 4396 visitantes, respectivamente.

Son datos que merecen unha lectura positiva da situación turística. Certo é que hai unha porcentaxe dun 20% de turistas da provincia que pode ser que non pernocten na zona, pero si que consumen en restaurantes, bares, tendas…

O Centro Arqueolóxico estará aberto ata o 30 de setembro todos os días da semana en horario de 9.00 a 21.00 horas.

Programa de actividades

E mentres, continúa o programa cultural de verán con diferentes actividades.

Por exemplo, este venres 7 de xullo, hai Música na catedral, co Concerto de acordeón a cargo do mestre de Cee Fernando Fraga, que volve a un lugar ben coñecido para el. As entradas estñan esgotadas para o pase das 22.00 horas, pero abren a posibilidade dunha nova quenda para as 23.00 horas se houbese nestes días un número suficiente de demanda de entradas.

O sábado hai Obradoiros de Prehistoria en Dombate (mañá e tarde) para os usuarios do campamento da Xunta, pero ás 18:00 e as 19:30h tendes as visitas teatralizadas cos Quinquilláns en Dombatee, para as que non é necesaria inscrición previa.

A Visita nocturna está tendo tanto éxito que xa están esgotadas as entradas para terceira e penúltima visita, así que poden ir pensando en reservar para a do venres 21 de agosto en [email protected].

Finalmente, o domingo arrinca con saída de Arqueociclismo polo chan de Borneiro, para a que aínda quedan prazas. Sae ás 11:00 do aparcadoiro de Dombate, dura 2 horas e cómpre inscribirse en [email protected].

Novas relacionadas

 

Comentarios