Venres. 29.03.2024
El tiempo

viveametadedacostadamorte.com

viveametadedacostadamorte.com
Vive a metade da Costa da Morte

Xa o denunciamos non hai moito: que as entidades administracións seccionen a Costa da Morte non é para nada positivo para o noso sector turístico. É lamentable ver que accións levadas a cabo por entidades públicas sexan artelladas só para unha zona, a norte ou a sur. E máis lamentable é aínda que unha desas zonas utilice o nome da "Costa da Morte" e non inclúa en ningún momento o resto de concellos que forman parte da bisbarra pero non do ente de turno.

O mes pasado falabamos do novo GALP 4, o da zona sur. E hoxe toca virnos cara o norte, onde o GALP 3 tivo que empregar os cartos sobrantes nunha campaña baixo o lema de "Vive a Costa da Morte.

Trátase dunha fermosa campaña de promoción turística e gastronómica, xestionada por unha das consultoras que leva desenvolvendo todos eses semellantes proxectos turísticos municipais do "Camariñas todo mar", "Muxía mirando cara o mar", "Mar de Caión", "O Mar de Sisargas", "Carballo mirando ao mar" ou "Fisterra na nube". Proxectos moi visuais que nacen na rede con moita potencia, pero que esmorecen cando remata o orzamento cando aínda non conseguiron unha comunidade influínte. É dicir, proxectos que simplemente chegan á comunidade local e non conseguen o seu obxectivo de promocionat turisticamente a nosa pesqueira rexión.

É indignante a confusión que poden xerar estas iniciativas para o turista, se chega buscando información sobre a Costa da Morte a través da rede e atopa esta páxina http://vivecostadamorte.com, e non atopa nin rastro de Fisterra, por exemplo.

Para moitos especialistas do sector é ata perxudicial para a nosa imaxe, máis alá de que os vídeos estean moi ben realizados ou as temáticas sexan ben interesantes. E debería estar aí a patronal do sector obrigando ás entidades a defender a unidade do territorio, pois ao fin e ao cabo, son os hostaleiros os máis perxudicados por unha mala xestión do territorio.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios