Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Os voluntarios do Petón do Lobo limpan o Cemiterio Civil de Corcoesto

limpeza do cemiterio de Corcoesto
Imaxes da limpeza do cemiterio de Corcoesto
Os voluntarios do Petón do Lobo limpan o Cemiterio Civil de Corcoesto

Esta fin de semana un grupo de persoas da asociación ambiental Petón do Lobo levaron a cabo unha singular limpeza. Foi no antigo cemiterio civil republicano de Cortiño, na parroquia de Corcoesto, como posta en valor dun lugar de especial interese histórico. Un lugar de titularidade municipal, que se utilizaba como punto de vertido incontrolado.

Deste xeito, e ante o interese do Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, sobre as obras que precisa para o seu acontecimento, e cando reciba o informe da asociación, xa non terá excusa para poñer en marcha un proxecto de rehabilitación.

LImpeza do cemiterio de Corcoesto por Peton do Lobo

ANTIGO CEMITERIO CIVIL DE CORCOESTO

  • Data de construción: 1928-1932.
  • Localización: Lugar de Cortiño, parroquia de Corcoesto.
  • Destino: cemiterio municipal de Cabana de Bergantiños.
  • Construído polo concello de Cabana de Bergantiños.
  • A iniciativa de 62 veciñas e veciños da parroquia de Corcoesto.
  • Autorizado polo Gobernador Civil da Coruña.
  • Contexto histórico: Reinado de Alfonso XIII. Dictadura de Primo de Rivera.
  • Vida útil: Anos 1932 -1951.

O 19 de setembro de 1927 sesenta e dous veciños de Corcoesto, presentaron unha solicitude dirixida ao Alcalde do concello de Cabana, para que conforme a Lei de 29 de abril de 1885, Reais Ordes de 28 de febreiro de 1872 e 2 de abril de 1883, procedérase a dictar as ordes oportunas para que coa urxencia que o caso requería, co fin de evitar dificultades para tales enterramentos no sucesivo, se acordara a construcción dun Cemiterio Civil Municipal coa amplitude e no lugar convinte en ben da salubridade e a hixiene

O feito desencadeante da solicitude fora o enterramento do cadáver doutro veciño fóra das murallas do cemiterio parroquial de Corcoesto, ao lado da vía pública, por ser disidente da Igrexa Católica.

Noutro escrito instan ao Gobernador Civil da época a dirixir dous oficios: un ao Alcalde do concello de Cabana a fin de que dera a correspondente orde para a construcción do edificio  e outro ao Fiscal da Audiencia Territorial de A Coruña, xa que en todo o municipio de Cabana non existía ningún cemiterio civil e a normativa da época esixía que os disidentes da Igrexa Católica foran enterrados en recintos amurallados e adecuados a tal fin.

Ademais o lugar no que estaban a ser enterrados os disidentes non estaba amurallado, as sepulturas estaban expostas á profanación por ser “lugar donde frecuentaban los perros y los cerdos a la orilla de la vía pública y no está cercada de valla o muralla”.

A queixa dirixida ao Gobernador Civil resultou efectiva e o concello comezou a construir o cemiterio civil no lugar de Cortiño.

De novo outro escrito de xullo de 1932 lembra ao Alcalde do concello da necesidade de rematar as obras do cemiterio, así expón “se digne someter al Ayuntamiento para que urgentemente tome el acuerdo de proceder a la terminación del cementerio municipal que tiene en construcción desde hace más de dos años, dándole la amplitud conveniente para las necesidades de toda la parroquia, y trasladar al mismo los restos y citados”.

Este último escrito xa alude a necesidade de clausurar o cemiterio da Igrexa parroquial por non reunir as condicións requeridas pola sanidade, xa que o seu reducido tamaño “que aun en tiempos de normalidad en las defunciones” había que facer enterramentos no atrio, lugar que non estaba protexido dos cans, por iso instaba a dar máis capacidade ao cemiterio de Cortiño.

Hoxe en día o Cemiterio Civil Municipal de Cortiño está en desuso e abandonado pola maleza, mais debera ser recuperado porque forma parte da memoria histórica e do patrimonio cultural da parroquia de Corcoesto e de toda a veciñanza do concello, posto que ademáis foi o cemiterio municipal da época.

O inmoble presenta a elegancia das construcións civís da década de 1920 e está feito con mampostería e prima a finalidade utilitaria do mesmo.

NOVAS RELACIONADAS

FONTE

  • Petón do Lobo.

Comentarios