Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Xunta invita a veciños, Concellos e entidades da Costa a coñecer os programas de axuda en materia de vivienda

Evento en Santiago de Compostela
Imaxe do encontro informativo celebrando en Santiago
A Xunta invita a veciños, Concellos e entidades da Costa a coñecer os programas de axuda en materia de vivienda

Cita obrigada para os veciños e representantes municipais a que se vai celebrar este vindeiro luns, 2 de maio, ás 10,30 h, no auditorio municipal de Cabana de Bergantiños. O persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Xunta de Galicia visita a comarca para facer chegar directamente aos habitantes da Costa da Morte, aos Concellos, pero tamén a empresas e entidades do sector da vivenda, información sobre a trintena de liñas de incentivos dispoñibles este ano para facilitar o acceso a unha vivenda ou para a súa rehabilitación.

Trátase do oitavo encontro informativo ‘Construíndo Fogar’ que se celebra en Galicia e tamén servirá para dar conta da nova Oficina de rehabilitación, un punto informativo aberto en Santiago de luns a venres en horario matinal (de 9 a 14 horas), pero tamén con atención telefónica a través do número 881 045 897.

O evento está aberto ao público en xeral e están convocados representantes dos concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas, xa que se ben a meirande parte das axudas están dirixidas principalmente para particulares, hainas exclusivas para Concellos.
Os Concellos polos que pasa o Camiño (Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía) teñen partidas especiais, como acontece tamén en Corcubión, o único concello da zona que conta con centro histórico declarado.

Do mesmo xeito, a Xunta convidou a asistir a entidades, como os colexios oficiais de arquitectos, enxeñeiros técnicos e peritos agrícolas; e a empresas do sector da vivenda e da rehabilitación edificatoria, como inmobiliarias, xestores de comunidades de veciños e da propiedade e asociacións de empresarios e da construción.

A cita servirá para resolver as dúbidas dos asistentes, que tamén se poden consultar na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Comentarios