1100 feligreses dos Arciprestados de Soneira, Nemancos e Duio gañaron o Xubileo


Hai unhas semanas eran máis de 800 os peregrinos que gañaban o Xubieo dende o Arciprestado de Entíns. Este martes 17 de maio foron máis de 1100 os feligreses de toda a Costa da Morte os que realizaban a peregrinación a Santiago de Compostela con motivo do ano Santo da Misericordia.
Foron máis dun milleiros de persoas dos 3 arciprestados que forman a Costa da Morte, o de Soneira, o de Nemancos e o de Duio, os que gañaron o Xubileo, como nos conta Francisco Gómez-Canoura, cura de Zas.
Un autobús foi recollendo aos veciños por cada parroquia arredor das 9:00h para chegar a Santiago arredor das 11:00h. Fixeron parada no convento de San Francisco, onde se realizaban as confesións para gañar o xubileo. Dende alí á Catedral, e foron pasando pola Porta Santa a partir das 13:00h.
A Misa, co Botafumeiro, estivo presidida polo Señor Arcebispo, e como é o Día das Letras Galegas, toda a xornada estiva acompañada polo Grupo de Gaiteiros de Borneiro, e xa na comida, no Mosteiro de San Martín Pinario, entoaron o himno do antigo Reino de Galicia.
Pola tarde, antes da volta, aínda houbo tempo para visitar o Museo das Peregrinacións e mesmo a Cidade da Cultura.




Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).