Martes. 23.04.2024
El tiempo

2 millóns de euros para acondicionar, defintivamente, a senda de Reira

Obras na pista de Reira
Unha delegación comandada pola Subdelagada do goberno María Rivas e o xefe de Demarcación de Costas, Rafael Eimil, nas inmediacións do Cabo Vilán
2 millóns de euros para acondicionar, defintivamente, a senda de Reira

Camariñas afronta unha reforma importante da senda de Reira. Despois de moitos anos de parches, o Ministerio de Transición e Desafío Ecolóxico Demográfica, a través do Plan de Recuperación, financia unha obra que pretende ser definitiva, co investimento de case 2 millóns de euros. Unha das sendas máis fermosas da comarca, que conecta Arou co Faro Vilán, pasando por lugares como as praias de Reira, as praias do Trece, a Duna Monte Branco, ou o Cemiterio dos Ingleses, que cada ano sofre a inclemencias meteoroloxócas.

A visita institucional destacou o valor turístico da zona, así como o uso que lle dá a veciñanza a esta senda. Insúa agradeceu ao Goberno este impulso para condicionando o que xa é un símbolo do turismo na Costa da Morte.

Características técnicas

A acción, que inclúe o tramo que vai dende Cabo Vilán ata o Cemiterio dos Ingleses, con 6.539 quilómetros de lonxitude, pretende preservar e conservar o ecosistema natural, habilitar un paso de peóns seguro, resolver alteracións no firme, garantir a protección na costa e valoralo espazo. Crearase unha senda peonil de 1,6 metros de ancho estabilizado entre unha beirarrúa de madeira e con a berma verde como zona intermedia entre o camiño e os cantís.

O prazo de execución da obra é de 8 meses.

Novas relacionadas

Comentarios