Xoves. 25.04.2024
El tiempo

200 persoas apoiaron, a pé, a investigación sobre a Ataxia

Andaina Ataxia Camarinas
200 persoas apoiaron, a pé, a investigación sobre a Ataxia

Ao redor de 200 persoas saíron obte, domingo 25 de setembro, á rúa para facer unha andaina solidaria e así recadar fondos para loitar contra a ataxia, unha enfermidade rara caracterizada pola falta de coordinación nos movementos.

O percorrido comezou na zona do paseo fluvial, atravesando parte da Ruta dos Muíños, na Ponte do Porto. Ao final houbo un picoteo, actuacións musicais e inchábeis para os máis pequenos.

O fin desta campaña é apoiar a investigación do Dr. Antoni Mantilla en tratamentos terapéuticos efectivos para curar esta enfermidade, cunha variante específica na Costa da Morte. Todo o recadado donarase a STOP FA, unha asociación sen ánimo de lucro que forma parte de FEDAES (Federación de Ataxia de España).

Andaina Ataxia Camarinas 2

Máis novas sobre a Ataxia

Comentarios