400 nenos aprenderon o mar dende as aulas
Como nos presta este programa de O Mar na Escola. Esta iniciativa que consegue levar ao mar cada vez máis alumnos de toda a bisbarra, en horarios lectivos. Esta malá, o CEIP O Areal de Camariñas acollía o acto de clausura da XII edición do programa, que este ano ao nome se lle engadiu o apelido “Xogando co vento”. Unha iniciativa liderada pola Escola de Vela Cataventos que xa conta co apoio das empresas Ferroatlántica e Cerdeimar, ademais dos concellos de Cee, Camariñas, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Muxía e Laxe.
Neste ano, no programa participou un total de 389 alumnos. Así o explicou a coordinadora do programa, Noemi Bermúdez de Castro, que lembrou os nomes dos centros participantes: CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto (ambos de Camariñas), Manuela Rial e Eugenio López (Cee); CEIP Santa Eulalia (Dumbría); CEIP Mar de Fóra, CEIP Areouta (ambos de Fisterra); CEIP Praia de Quenxe (Corcubión), CEIP Virxe da Barca, CEIP Vilarmide, CEIP Os Muíños, IES Ramón Caamaño (todos eles de Muxía); e o CEIP Cabo da Area, de Laxe, que participa por primeira vez na iniciativa.
”Quero agradecer a todos os implicados neste proxecto que sigan apostando por unha iniciativa que ten como obxectivo achegar o mar e os seus recursos á escola. A Ferroatlántica e Cerdeimar, polo seu apoio incondicional. Aos concellos participantes por crer neste proxecto e aos centros escolares polo esforzo de adaptar o seu programación para integrar esta actividade, que estou segura que enriquece a todos os alumnos e apórtalles unha visión diferente da contorna mariña, co que conviven todos os días. Trátase dun programa xa consolidado, pero o noso compromiso é seguir avanzando e ampliando cada ano o número de nenos e de centros participantes, sempre contando, como non podería ser doutro xeito, co apoio de todos os presentes neste acto”, destacou a corcubionesa.
Pola súa banda, o director da Zona Noroeste de Ferroatlántica, Carlos Oliete, sinalou que “pouco podo dicir de O Mar na Escola que non dixera xa nalgunha ocasión. Trátase dun programa moi noso, que Ferroatlántica sente como propio. Hai moito esforzo e moita ilusión detrás e constitúe unha aposta por unha forma distinta de ensinar aos máis novos, coa que nos sentimos plenamente identificados. Só podo engadir que me sento orgulloso de aportar un gran de area a esta iniciativa á que auguro, desde logo, un longo futuro. Moitas grazas por permitirnos participar dela”.
Desde 2004
“O Mar na Escola” iniciou a súa actividade no ano 2004, no CEIP Areal de Camariñas e aos poucos se han ir sumando concellos e centros, atraídos por un xeito diferente de achegar aos nenos as materias de Coñecemento do Medio e educación Física, desde un punto de vista próximo.
O programa está estructurado en dous grandes bloques. O primeiro vira ao redor da Observación da Contorna, e nel trátase do mar, os ventos, as mareas e a costa, ademais de nomenclatura náutica, rumbos e navegación a vela. O segundo, Coidado e Conservación do Medio Ambiente, favorece o achegamento dos alumnos á biodiversidade dos mares e os océanos. Para iso, a escola dispón de todos os medios técnicos necesarios.
Novas relacionadas
- O Mar na Escola 2016: 400 nenos estudan o Mar na Escola, programa ao que se une Laxe.
- O Mar na Escola 2015: 300 rapaces puideron levar o mar ata as aulas co Mar na Escola.
- O Mar na Escola 2015: Os alumnos costeiros bótanse ao mar.
- O Mar na Escola 2014: A pioneira iniciativa O Mar na Escola pechou o curso pensando no que vén.
- O Mar na Escola 2014: Máis de 200 alumnos aprenderon sobre o Mar na Escola co pioneiro proxecto de Cataventos.
- O Mar na Escola 2014: O mar invade as aulas.
- O Mar na Escola 2014: Os peques de Camariñas xogan co vento nas aulas.
- O Mar na Escola 2014: 200 alumnos volverán disfrutar o mar dende a escola.
- O Mar na Escola 2013: Pequenos grumetes diplomados en mar.
- O Mar na Escola 2013: Máis de 130 escolares difrutaron un ano máis do Mar nas horas lectivas.
- O Mar na Escola 2012: Preto de 200 escolares xa son regatistas na Costa da Morte.
- O Mar na Escola 2012: 232 mozos de 6 centros escolares disfrutan do mar en horas lectivas.
- O Mar na Escola 2011: Os alumnos de Cee asaltan o mar a vela.
- O Mar na Escola 2010: Os alumnos do Manuela Rial achéganse ao mar con Cataventos.
- O Mar na Escola 2009: Estudiando o mar na Escola .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).