5 millóns de cupóns da ONCE feitos con Encaixe
Onte deu comezo unha semana de desfiles e comercialización do encaixe nas redes do Encaixe de Camariñas. Fíxoo no marco desta nova e singular Mostra Virtual, que traerá ata o domingo produtos relacionados co encaixe da man dos postos participantes. Onte arrincaba así da man dos Novos Deseñadores, na que participarán 24 coleccións:
Na web do evento www.mostra.es habilitarase un espazo durante estas datas no que tamén se poderán atopar as ofertadas que dispoña cada establecemento.
ONCE
Pero a nova máis singular foi a presentación do cupón da ONCE dedicado á trinta Edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Cinco millóns e medio de boletos do día 6 de abril, presentes en 20.000 puntos de venta, levarán a imaxe deste evento.
A alcaldesa, Sandra Insua, o delegado territorial en Galicia da ONCE, Manuel Martínez Pan; o tenente de alcalde, Sergio Caamaño, a concelleira da Mostra do Encaixe, Encarna Liñeiro, a directora da Mostra, Dolores Lema, asistiron ao acto celebrado na aula de palillo ‘Raquel Moreira’ do Museo do Encaixe.
Pola súa parte, o delegado en Galicia da ONCE, Manuel Martínez, afirmou que para a súa organización ligazóns como estas eran moi importantes, xa que plasman dun xeito simbólico a unión da labor social e do patrimonio galego na súa principal tarxeta de visita, o cupón.
Novas relacionadas
- Febreiro 2021: A Mostra do Encaixe terá unha nova edición virtual, centrada na comercialización, durante Semana Santa.
- Xaneiro 2021: A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas será en outubro.
- Abril 2020: A primeira Mostra do Encaixe Virtual chegou a máis de 230.000 de todo o mundo
- Mostra 2019: O relevo xeracional, protagonista nunha Mostra de Encaixe de tradición e vangarda.