Mércores. 08.05.2024
El tiempo

60 bloques de formigón reforzarán o dique de Camelle

60 bloques de formigón reforzarán o dique de Camelle
Temporal no Porto de Camelle-Foto-Marcos Rodriguez

Do de Laxe aínda non sabemos nada, pero a Xunta vén de anunciar o reforzo, con máis de 60 bloques de formigón, do dique de abrigo do peirao de Camelle. A actuación permitirá reparar os daños ocasionados na estrutura polos temporais do pasado inverno. Unhas averías que se centraron nos mantos de protección da segunda e terceira aliñación do dique, así como no morro, con importante perda de bloques nas caras máis exportas. Así mesmo, producíronse desperfectos no pavimento e varandas de contención.

As obras, que veñen de dar comezo cos traballos preliminares de construcción dos encofrados dos bloques, consisten fundamentalmente no reforzo do manto principal. Para elo, colocaranse novos bloques de formigón de 55 toneladas na segunda e terceira aliñación do dique, e de 80 toneradas na zona do morro. A defensa interior de protección da terceira aliñación reforzarase con bloques de 20 toneladas e reparase o pavimento do inicio do dique ademáis de repoñer as varandas.
Estes traballos únense aos recentemente rematados no peirao de Malpica

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios