66 negocios participan na campaña de consumo local de Camariñas
 
              
    08:44 16/12/20 
            
                  Foron un total de 66 os negocios de todas as parroquias do municipio que se sumaron á campaña de Nadal ‘Merca en Camariñas, consume no teu Concello’ impulsada polo Concello de Camariñas co obxectivo de dinamizar e comercio e a hostalaría local e incentivar o consumo nunhas datas tan sinaladas.
                              Desde onte, luns 14 de decembro, e ata o 4 de xaneiro publicaranse nas redes sociais do Concello de Camariñas (Facebook, Twitter e Instagram) diariamente as imaxes ou vídeos que se tomaron dos produtos estrela que quixo promocionar cada comerciante ou hostaleiro xunto ao nome do comercio e o seu contacto (sen prezos).
O obxectivo é dar visibilidade ao tecido comercial e hostaleiro local para apoialos ante as consecuencias da COVID-19 e incentivar as compras da cidadanía.
 
       
       
             
             
         
           
          