Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Área Sanitaria da Coruña non se compromete coa mellora do servizo de pediatría da Costa da Morte a pesar das protestas

A Área Sanitaria da Coruña non se compromete coa mellora do servizo de pediatría da Costa da Morte a pesar das protestas
https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/2082840402026644/?t=1 Non, con esta unión e con esta forza, a Costa da Morte non morre. E iso que ducias de familias da bisbarra concentrábanse esta mañá ás portas do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee ao berro de “A Costa da Morte morre”. Un berro crú, para demostrarlle ao Sergas que a comarca non vai ficar parada ante os continuos recortes en materia sanitaria, nomeadamente o do servizo de pediatría. Máis de 100 persoas, sobre todo chegadas de Zas, Dumbría e Muxía, onde a mobilización está sendo máis poderosa, sortearon a chuvia para darlle a “benvida” a Luís Verdes, Xerente da Área Sanitaria Integrada da Coruña. Pero este fixo o clásico regate á concentración e entrou por outra porta sen dar a cara, para manter unha reunión cos alcaldes das comarcas de Soneira e Fisterra. Unha reunión que é froito da mobilización social, que conseguiu unir aos alcaldes de 7 concellos, que ademais de apoiar as demandas dos seus veciños, tiveron que petar na porta da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña para pedir explicacións pola falta de coberturas ante as vacacións dos profesionais. ”Estamos aquí para a pelexar, para que vexan que non imos quedar caladas e imos loirar polo noso”, explica Vanessa Camafreita, voceira da Coordinadora Zas Sen recortes en pediatría, unha das grandes axitadoras desta loita. A recén formada Plataforma Pediátrica Costa da Moerte pola saúde dos nosos fillos”, deixou claro nas pancartas que “non son de dereitas nin de esquerda, somos os de abaixo e vamos a polos de arriba”. Tamén estrearon pancarta as familias dumbriesas: “Coa saúde dos nenos de Dumbría non se xoga. Pediatra para Dumbría Xa”, e todos pediron con berros a “Dimisión” dos responsables e “Solución XA”. Concentracion as portas do HVDX por un servizo de pediatria Concentracion as portas do HVDX por un servizo de pediatría

Reunión inútil dos alcaldes con Verdes

Longa a reunión mantida no Hospital, á que non faltaron os alcaldes Ramón Vigo (Cee; Independiente), Félix Porto (Muxía; PSOE), Sandra Insua (Camariñas, PSOE), Lalo Insua (Corcubión, PSOE), José Manuel Pequeño (Dumbría, PSOE), Lolo Muíño (Zas, BNG), José Marcote (Fisterra, PSOE) e Manuel Antelo (Vimianzo, BNG). Primeiramente alcaldes quedaron sorprendidos pola presencia dos 8 pediatras da zona, unha vez que os alcaldes pediran manifestarse só con Verdes, e tamén lamentaron o regate que lles fixo ás familias. "Os responsables público estamos para o que estamos e era unha manifestación pacífica e hai que dar a cara", sinala o alcalde de Zas. Un alcalde que sae absolutamente desesperanzado tras unha reunión da que do caso concreto de Zas non se falou absolutamente e na que o discurso volveu ser algo obvio é que xa sabíamos: que dende onte as consultas de pediatría dos centros de saúde da Costa da Morte están operativas, sempre co condicionante de que "así seguirá sendo mentres se conte con profesionais dispoñibles para atender as mesmas". "O discurso é que cumpren coas ratios, que os recursos son limitados, pero aí hai unha falta de planificación histórica, porque non pode ser que agora teñamos estes problemas co número de pediatras. Din que apostan polo rural, pero é de boquilla, porque cando hai apostas reais que necesitan orzamentos sinalan que hai que centralizar e economizar onde hai poboación", lamenta. Concretamente o único que sinalaron é que a falta de servizo destas pasadas semanas en Dumbría e Muxía foi un asunto puntual, e ás preguntas dos alcaldes indicaron que "si que se van cubrir as baixas de vacacións, pero só sempre que haia profesionais dispoñibles".   Cansos quedaron os alcaldes desese argumentos de que "ás veces vese na obriga de priorizar os recursos dos que dispón". Lembran que a día de hoxe "nas distintas consultas de pediatría na Costa da Morte un total de 8 facultativos que atenden a uns 4.500 usuarios, o que supón ter un facultativo por cada 560 nenos. E ameaza con máis recortes, como os que xa nos anunciaban certos alcaldes, de reducir a un pedaitra por comarca, asegurando que "esta cifra entra sobradamente dentro das ratios recomendadas polas sociedades científicas do colectivo de pediatras".  

Novas relacionadas

Máis novas

>

Comentarios