A boa aceptación dos cursos de poda de Camariñas permiten abrir novas ofertas
Moi boa participación nos cursos de poda que está desenvolvendo o Concello de Camariñas. O martes empezou o primeiro, que se desenvolve en Xaviña, e continuará durante esta semana. Os participantes estudian as técnicas teóricas e prácticas co obxectivo de mellorar a calidade de produción e saúde das árbores froiteiras.
Esta semana rematará o primeiro grupo e o vindeiro sábado 14 de xaneiro comezará outro novo grupo en Camariñas, onde tamén está o aforo completo, ao igual que ocorre en Xaviña.
Segundo explica o concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño, debido ao grande interese mostrado polos veciños, decidiuse facer un novo curso das mesmas características, que será os domingos 22 e 29 de xaneiro na Ponte do Porto, en horario de mañá. De momento quedan prazas dispoñibles para as persoas interesadas.
O curso está destinado aos veciños do municipio de Camariñas e non se necesita ter coñecementos previos. O curso está subvencionado polo Plan Provincial de Medio Ambiente. As persoas interesadas poden poñerse en contacto co Concello de Camariñas.
Novas relacionadas
- Aberto prazo de inscricion curso de poda de Camariñas.
- Camariñas estrea novo servizo de Formación Ambiental e Agrícola
- “Os composteiros caseiros son moi agradecidos, bótaslles residuos e devólvenche compost”.
- Camariñas recicla case un 200% máis.
- 3 experiencias camariñás, exemplo europeo de desenvolvemento rural.
- Camariñas fai máis ecolóxica a agricultura caseira.
- Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Camariñas.