A Costa móllase polas súas praias
”Móllate polas túas praias. Se non acabaremos nadando no lixo”. Fantástica a invitación de Sole Méndez para unirse a unha das citas costeiras da III Limpeza Simultánea de praias que Adega promove para o Día dos Océanos. Unha Limpeza na que este ano participarán varios colectivos costeiros, e farán que as praias de Mar de Fóra e Talón (Fisterra), Nemiña (Muxía), Arou (Camelle, Camariñas), A Pedra do Sal (Carballo), Corna Becerra (Carnota), Traba (Laxe) e O Castelo (Muros) queden un pouco mais lixeiras de lixo esta fin de semana.
O Día dos Océanos é o sábado 7 de xuño, e para ese día están conocadas estas 8 praias, gracias á vontade dos voluntarios, que seguen facendo un traballo que deberían facer as administracións cada primavera.
Hoxendía, para a Costa da Morte ten praias acondicionadas ten que ser unha obriga, tendo en conta que turismo estase a convertir nun dos nosos motores económicos. E depender da veciñanza para ter os areais (que xa menos Bandeiras Azuis das que deberían) decentes.
Poden ollar o mapa cas praias que serán limpadas polos voluntarios.
Apúntante
Asi que non tes máis que aparecer no areal durante a mañá do sábado, ou infórmate nos colectivos que organizan, que van dende centros de ensino ata organizacións ecoloxistas, veciñais, culturais…
Concello | Praia | Colectivo | Coordinador | Teléfono |
Camariñas | Nemiña | ADEGA / CEMMA / Confraría de Camelle | Lucía | 699 80 69 08 |
Carballo | Pedra do Sal | Senda Nova | Juan Carlos | 606 79321 |
Carnota | Corna Becerra | Rainha Lupa / Plat. Defensa Quilmas / ADEGA | Lucía e Xosé Manuel | 981 760 227 |
Fisterra | Mar de Fóra | IES Fin do Camiño | Viqui | 650 261 283 |
Fisterra | Talón | Voluntariado e veciñanza | Sole Méndes | 625 947 945 |
Laxe | Traba | IES Maximino Romero de Lema | Carlos | 616 392 396 |
Muros | O Castelo | Concello e Escola Infantil | Sonia Lago | 639 720 695 |
Muxía | Nemiña | Prog. Voluntariado do Concello | José | 981 742 001 |
Xornada Ecolóxica de Lires
Paralelamente, o vindeiro domingo día 8, a ARCE Pedras Miúdas organiza a II Xornada Ecolóxica na praia de Lires. O punto de encontro será diante do cemiterio ás 11:30 horas. Unha vez rematada a limpeza faremos unha xincana de xogos populares, co fin de pasarmos xuntos unha xornada lúdica e divertida. A xente que queira tamén poderá traer a súa comida para xantar todos xuntos no areal.
Datos
O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións…), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra.
Estes residuos teñen graves consecuencias para a os ecosismeas mariños, máis de 1.000.000 de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano enredados ou por inxesta do lixo mariño. Tamén pode afectar directamente á saúde humana, xa que moitos destes produtos conteñen substancias tóxicas, bioacumulativas e persistentes, que entran na cadea alimentaria. Por último outro dos graves problemas asociados a estes residuos, é que provocan perdas económicas importantes, debido a varios factores como son a diminución da pesca comercial, a degradación de lugares aptos para actividades recreativas e turísticas, ou o enorme investimento requerido para as limpezas de praias.
Novas relacionadas
- ADEGA invita a participar na III Limpeza Simultánea de Praias.
- 6 Bandeiras Azuis ondearán este verán nas praias da Costa da Morte.
- Muros lembra a Suso Pais cunha limpeza de praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).